Aurelio Aguirre
Aurelio Aguirre Galarraga, nado en Santiago de Compostela o 23 de abril de 1833 e finado na Coruña o 30 de xullo[1] de 1858, foi un poeta galego en lingua castelá.
Aurelio Aguirre | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1833 Santiago de Compostela, España |
Morte | 30 de xullo de 1858 (25 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | afogamento |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Período de actividade | Romanticismo (1857 - 1884) |
Xénero artístico | Poesía |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarComezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi un home comprometido con Galiza e coas clases desfavorecidas, participando como miliciano no levantamento de 1854 e no banquete de Conxo, celebrado o 2 de marzo de 1856. Tiña grande estima entre os seus contemporáneos galegos e desde moi novo mantivo amizade con intelectuais de corte rexionalista, como Eduardo Pondal, Manuel Murguía ou Rosalía de Castro. Precisamente con esta mantivo unha forte relación amigable e literaria e de feito dedicoulle o soneto Improvisación.
Colaborou na Revista Galaica e gozou dunha enorme popularidade e influencia na súa cidade. Murguía, en Los precursores, afirma: Pertencía a aquel grupo de xenios descontentos e túzaros que nas súas vinte primaveras, e sen ver máis campos ca os que rodean a súa cidade, cre coñecer o mundo, ter sufrido grandes desenganos e probado tódalas feles da vida.
Como lle acontecera a máis dun poeta romántico, Aurelio Aguirre morreu moi novo (aos 25 anos de idade) e de forma tráxica: afogou na praia de Santo Amaro da Coruña, sen estar claro se a súa morte foi accidental ou un suicidio.[2][3]
Obra
editarEl mesmo comezou a publicación da súa obra poética, que se editaría postumamente co título Ensayos poéticos (1856-1858); tamén escribiu un drama e a narración Risas y lágrimas. A súa obra foi escrita en castelán, agás un poema titulado "Un consello", publicado en 1966 por Xosé María Álvarez Blázquez. En 1901 fíxose unha recompilación de parte dos seus poemas co título Poesías selectas, cun prólogo de Leandro de Saralegui Medina.
Galería de imaxes
editar-
Brinde de Aguirre no Banquete de Conxo.
-
Los precursores,
Manuel Murguía. -
Poesías selectas.
-
Tumba de Aurelio Aguirre en Boisaca.
Notas
editar- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "AGUIRRE GALARRAGA, Aurelio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 16.
- ↑ "Un libro pone fin a más de 100 años de la leyenda suicida del autor Aurelio Aguirre", artigo de Mar Mato en Faro de Vigo, 26 de febreiro de 2014 (en castelán).
- ↑ "El poeta Aurelio Aguirre murió ahogado en la playa de San Amaro en 1858" Arquivado 25 de novembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 22 de abril de 2001 (en castelán).
- ↑ Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aurelio Aguirre |
Bibliografía
editar- Álvarez Blázquez, Xosé María (1966). "Uns versos galegos de Aurelio Aguirre". Grial, Revista galega de cultura (12): 225–230.
- Carballo Calero, Ricardo (1979). Libros e autores galegos I: dos trovadores a Valle-Inclán. Fundación Pedro Barrié de la Maza.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. pp. 16–18.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 479–480. ISBN 84-7492-465-0.
- Murguía, Manuel (1886). Los precursores. Biblioteca Gallega (en castelán). A Coruña: La Voz de Galicia.
- Rodríguez, Olivia, ed. (2014). Recuerdos de agosto. Obra poética, 1850-1858. Santiago: Alvarellos. ISBN 978-84-89323-55-1.
- Varela Jácome, Benito (1951). Historia de la literatura gallega. Santiago de Compostela: Porto Editores.
- Varela Jácome, Benito (2005). "Aurelio Aguirre Galarraga". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vicenti, Alfredo (30/9/1879). "Historias Literarias. Aurelio Aguirre". La Ilustración Gallega y Asturiana (en castelán) (27): 323–324. Arquivado dende o orixinal o 07/08/2020. Consultado o 05/08/2020.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 27–28. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Aurelio Aguirre". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Durán, J. A. (6/10/2013): ¿Quién fue en realidad Aurelio Aguirre? (en castelán)
- Rey, Lidia (1/5/2013): "El tesoro inédito de Aguirre", ABC (en castelán).