Australosphenida
Australosfénidos Australosphenida Rango fósil: xurásico medio - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Equidna de fociño curto | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Ordes | |||||||||||||
|
Segundo as modernas clasificacións, o dos australosfénidos (Australosphenida) é un clado de mamíferos da subclase dos prototerios. Hoxe, só hai cinco especies existentes, que habitan en Australia e Nova Guinea, pero atopáronse restos fósiles en Madagascar e a Arxentina. As especies existentes son o ornitorrinco e catro especies de equidnas.
Clasificación do clado
editarO clado dos Australosphenida foi proposto en 2001 por Luo et al., e orixinalmente non tiña clasificación, xa que estes autores non lle aplicaronn a taxonomía de Linneo.[1]
En 2005, Benton clasificouno como superdivisión, isto é. un ou dous niveis por debaixo da infraclase.[2]
Australosphenida (superdivisión ou infraclase)
- Orde Monotremata - Monotremas
- Suborde Platypoda
- Familia Kollikodontidae (†)
- Familia Ornithorhynchidae – Ornitorrinco
- Familia Steropodontidae (†)
- Suborde Tachyglossa
- Familia Tachyglossidae – Equidnas
- Suborde Platypoda
- Orde Ausktribosphenida (†)
- Familia Ausktribosphenidae (†) - fósiles achados na Arxentina, Madagascar e Australia.
- Xénero Ambondro
- Xénero Asfaltomylos
- Xénero Ausktribosphenos
- Xénero Bishops
- Xénero Henosferus
- Familia Ausktribosphenidae (†) - fósiles achados na Arxentina, Madagascar e Australia.
Trátase dun discutido grupo taxonómico sobre o que existen importantes controversias á hora de desenvolver as hipóteses que o sustentan.
O grupo caracterízase pola existencia de molares tribosfénicos tanto nas crías de ornitorrinco como nos fósiles doutros monotremas e de Ausktribosphenidae. Aínda que esta era unha característica que tradicionalmente viña aplicándose aos terios (Theria).
A xustificación que alegan Luo et al.[1] para establecer o clado Australosphenidaadica na evolución independente destes dous grupos de mamíferos, coincidindo en ambos os dous esta morfoloxía dentaria.
Porén, Benton[2] mantén que Ausktrobosphenida pertence en realidade a Eutheria, sen relación ningunha con Monotremata, polo que a existencia do clado non tería sentido.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Luo, Z.-X., R. L. Cifelli and Z. Kielan-Jaworowska (2001): "Dual origin of tribosphenic mammals". Nature 409: 53-57.
- ↑ 2,0 2,1 Benton, M. J. (2005): Vertebrate Palaeontology. 3rd ed. Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05637-1.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Australosphenida |
Ligazóns externas
editar- Australophenida en Mikko's Phylogeny Archive.