Avelino Abuín de Tembra

escritor galego

Avelino Abuín González, chamado Abuín de Tembra, nado en Imo (Dodro) en 1931 e finado en Santiago de Compostela o 2 de marzo de 2009[1], foi un escritor galego.

Modelo:BiografíaAvelino Abuín de Tembra
Biografía
Nacemento(mul) Avelino Abuín González Editar o valor en Wikidata
1931 Editar o valor en Wikidata
Dodro, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 2009 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosÁngel Abuín González Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1125282 AELG: 68 BUSC: abuin-de-tembra-avelino-1931-2009 Dialnet: 3930440

Traxectoria

editar

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica.[2] Foi catedrático de ensino medio e Técnico Superior de Relacións Públicas. Comprometido coa cultura e coa lingua galegas foi un gran dinamizador cultural.

Foi redactor xefe de La Voz de Breogán de Lisboa entre 1957 e 1958. Foi o creador e impulsor dos Xogos Florais do Ensino Medio de Galicia (1963), antecesores dos premios Minerva-Peleteiro, e dos Cursos Monográficos Manuel Peleteiro (1966)[3], no colexio Manuel Peleteiro de Santiago, onde impartía clases de literatura española.

Fundador, xunto con outros intelectuais do Padroado do Pedrón de Ouro en 1964, que viría a ser distinguida posteriormente coma Fundación de Interese Galego, ostentando o cargo de presidente no ano 1996.

Foi secretario xeral da Fundación Rosalía de Castro e membro da súa Comisión de Cultura desde 1965. Promoveu o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que leva o nome do poeta de Dodro. Fundou a revista electrónica Galicia Viva (1999) da asociación cultural epónima. Creou e promoveu a Ruta Rosaliana[1][4].

Colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na Radio Galega onde durante moitos anos dirixiu e presentou un programa dedicado ás bandas de música, que despois dirixiu e presentou en Radio Obradoiro.

Foi o pai do crítico literario Anxo Abuín.

Poesía

editar

Ensaio

editar
  • Ruta Rosaliana, 1984.
  • Rosalía, biografía do centenario, 1985.
  • Rosalía, 1987, Padroádego Rosalía de Castro.

Edicións

editar
  • En las orillas del Sar de Rosalía, 1984, Padroádego Rosalía de Castro.
  • Obras completas de Rosalía, 1992.
  • Luís Aguirre. Poesía completa, 2007, 3C3.
  • Na frente unha estrela, no bico un cantar, 2007, Fundación Rosalía de Castro.

Prólogos

editar

Obras colectivas

editar
  • Grandeza e decadencia do Palacio de Lestrove, 2012, Pousadas de Compostela.

Premios

editar
  • Premio Ciudad de Carballo (1979).
  • Premio Galicia de Poesía (1981).
  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago (1981), por Roldas de Compostela.
  1. 1,0 1,1 Faro de Vigo (3-3-2009) "Fallece el intelectual Avelino Abuín de Tembra, presidente de Pedrón de Ouro", en castelán.
  2. Galegos.info
  3. Colexio M. Peleteiro: Historia del Colegio, en castelán.
  4. Galicia Hoxe (3-3-2009) «O amor galicián» Arquivado 02 de abril de 2017 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1