Avión
Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes[1] (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O xentilicio é avionés.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | San Xusto | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.754 (2023) (14,48 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 121,13 km² | ||||
Altitude | 380 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Montero Fernández (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Avión | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32004 | ||||
Sitio web | concelloavion.org |
Xeografía
editarSitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.
É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.
A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.
O clima de Avión vén condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.
Demografía
editarCenso total | 1962 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 94 (4,79 %) |
Entre 15 e 64 anos | 919 (46,84 %) |
Maiores de 65 anos | 949 (48,37 %) |
Evolución da poboación de Avión Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4923 | 5186 | 5450 | 4120 | 2804 | 2561 | 1962 | 1910 | |||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarNo século XI Avión correspondía ao territorio xurisdicional do Metropolitano de Braga, recoñecido en 1010 polos bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense, Lamego, Coímbra, Porto e Viseu. Porén, esa dependencia non debeu durar máis alá da implantación da Monarquía en Portugal en 1139.
En 1150, debido a unha competencia sobre límites das dioceses entre os prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa Uxío III encomendoulle a resolución do conflito a Afonso VII de Castela. O rei dispuxo o 1 de marzo dese mesmo ano, que o Bispo de Oviedo cedese ao de Ourense a parte diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor até o Arnoia até a súa desembocadura no Miño; até Barroso coas igrexas de Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.
En 1156 o Bispo de Ourense e o Cabido de Tui fixeron unha partición de igrexas das súas dioceses, na que figura o arciprestado de Novoa e Avión; segundo isto, parte do territorio de Novoa e Avión (mais non Ribadavia), pertencían xa a aquela diocese, e a outra parte do territorio, chamada terras de Avia e Avión, formaba parte da diocese de Ourense. En 1215 chega a Orde do Temple a Avión, á igrexa de San Andrés de Abelenda.
En 1375 instáurase o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia. A súa xurisdición abarcaba as freguesías de Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar o tributo da "fumaza" ou "fogaza", abolido por Isabel II en 1837.
Trala división territorial de España en 1833 foi concello de seu até xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.
Cultura
editarToponimia
editarO seu nome procede do veciño río Avia. Porén popularmente asociouse o nome ao da Andoriña de cu branco, que tamén recibe o nome de avión, polo que no escudo do concello aparece este animal. Avia procede da raíz indoeuropea celta av- ou au-, fonte, corrente de auga. Comparte orixe co río Ave (chamado Avó na época da Gallaecia, hoxe Ave, ao norte do Porto) e con outros ríos franceses, españois e italianos[3].
Patrimonio
editarPatrimonio natural
editarSalienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.
Patrimonio etnográfico
editarSalientan, entre as innumerables construcións tradicionais, os chozos do Suído.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Avión.
Parroquias
editar
Lugares de Avión
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Avión vexa: Lugares de Avión.
Notas
editar- ↑ Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Avión. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ Costas González, X.-H. (2015): "Os xentilicios en galego". En Eva M.Castro Figueiras; MªCristina Rodríguez Ricart. Na universidade en galego con seguridade, páx. 77. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1
- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avión |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |