Axilulfo
Axilulfo (ou Agilulph ou aínda Agholphe) foi un rei longobardo de Italia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Despois de 555 |
Morte | maio de 616 Milán, Italia |
Rei dos longobardos | |
1 de maio de 591 – 1 de maio de 616 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Cónxuxe | Teodelinda de Baviera (590 (Gregoriano)–) Andalagardis (?) |
Fillos | Chrodoald von Bayern () Teodelinda de Baviera Gundeperga () Teodelinda de Baviera Adaloaldo () Teodelinda de Baviera |
Pais | Autario e Teodelinda de Baviera |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Traxectoria
editarFillo do duque longobardo de Turín Ansvaldo, foi proclamado rei en Milán en maio de 591, sucedendo ao rei Autario coa viúva do cal casa segundo a tradición longobarda: a raíña católica Teodelinda. O seu longo reinado estivo marcado por unha tregua co Papado en 598, poñendo fin provisionalmente a 30 anos de terror longobardo. Consolida o seu poder e o dominio longobardo no seu reino, mantén boas relacións cos francos e os baiuvarios, combate en van aos ávaros e as tribos eslavas e asina unha tregua co emperador bizantino Mauricio (598). En 603, seguramente influenciado pola súa muller, abandona o arianismo longobardo e convértese ao catolicismo, facendo bautizar ao seu xove fillo Adaloaldo. O mesmo ano, o emperador bizantino Focas recoñece o seu poder. Morre despois de 25 anos de reinado, no ano 616, designando a Adaloaldo, aínda adolescente, como sucesor.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarReino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Autario |
Axilulfo | Precede a: Adaloaldo |