Búfalo
O búfalo, búfalo acuático ou búfalo da India (Bubalus bubalis) é un gran bóvido orixinario do sueste asiático, que na actualidade se encontra tanto en estado salvaxe como doméstico, e que foi introducido en moitos lugares.
Búfalo | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Búfalo de auga en Tailandia | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Bubalus bubalis (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||
Distribución global de búfalos no 2004
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Características
editarTrátase dun bóvido bastante grande, de 1,8 m de altura na cruz e que acada excepcionalmente os 1 200 kg de peso no caso dos machos. As femias son máis pequenas e nunca superan os 1 000 kg. O tronco é robusto e alongado, co pescozo curto, e sen papada. Gran parte do corpo está desprovisto de pelo, ou o presenta ríxido e de moi curta lonxitude. A coloración é en xeral agrisada, pero pode variar desde a branca até a negra. Os cornos están aplanados e curvados cara a atrás, coas puntas moi separadas, chegando a alcanzar 1,2 m de envergadura máxima entre punta e punta.
O apelativo de "búfalo acuático" (o "búfalo de agua", que din algúns[quen?]) provén da preferencia que ten o animal polas zonas encharcadas ou pantanosas, onde se somerxe parcialmente e camiña sobre a lama do fondo sen dificultade grazas aos seus largos pezuños que impiden que afunda en exceso.
Os búfalos poden ser perigosos en estado salvaxe, pero os domésticos son animais moi dóciles.
Expansión do búfalo
editarEn estado salvaxe distribúese pola India, Ceilán e Indonesia, sendo na actualidade moi escaso.
Domesticado ao redor de 4.500 anos a.C., contra o ano 600 foi introducido no Oriente medio e no norte de África.
Durante as Cruzadas ou, máis probabelmente, na época do Imperio Otomán, en Bulgaria e en Italia.
No século XIX, no norte de Australia, onde algúns individuos asilvestráronse desenvolvendo algunhas diferenzas no seu aspecto respecto aos seus antepasados de Indonesia.[2]
En Suramérica introducíronse os búfalos acuáticos na conca do Amazonas en 1895, e en 2005 na Amazonia brasileira criábanse aproximadamente 1,6 millóns de cabezas, destinadas á produción de leite e carne.[3]
En Venezuela o búfalo introduciuse en 1940, desaparecendo nos anos 1940; pero volveu introducirse en 1962, comenzado a súa explotación a grande escala nos anos 1990.[4]
En Norteamérica hai pequenos rabaños comerciais de búfalos para a produción de iogur e queixo. Un profesor da Universidade de Florida criou búfalos aproveitando os excedentes de efectivos do zoolóxico, que utilizou principalmente para a produción de carne para hamburguesas, e outros rancheiros do país utilízanos para a produción de mozzarella.[5]
Porén, Asia segue acollendo ao 95 % da poboación mundial deste animal na actualidade.
O búfalo doméstico
editarO búfalo usouse, no sueste asiático, desde a máis remota Antigüidade preferentemente para tirar do arado, sobre todo nos arrozais, onde a súa capacidade para moverse en zonas encharcadas resulta moi útil e por iso preferiuse a outros bovinos domésticos, como o cebú, o gaur ou o banteng.
No sur de Europa (e especialmente en Italia) tamén cumpre esta función, ademais de utilizarse o leite para a fabricación do queixo mozzarella usado nas pizzas e outros pratos da cociña italiana.
Tamén se aproveitan a súa carne e a súa pel (ultimamente, usada con bastante frecuencia para forrar os cascos de motociclista).
Status de conservación
editarA especie doméstica non se considera en perigo (estímase que debe haber uns 141 millóns de búfalos domésticos só no continente asiático, o animal doméstico do que máis persoas dependen), pero a súa existencia como animal salvaxe periga cada día máis debido á desaparición do bosque tropical. Só quedan uns 3500 exemplares no sueste asiático, probablemente extinto en Vietnam. No subcontinente indio a especie están practicamente extinta. Hai mandas de exemplares salvaxes naturalizadas no norte de Australia.
En liberdade, os búfalos móvense en mandas de escaso poucos individuos e só contan co tigre como depredador frecuente. Máis raramente, os búfalos caen vítimas do crocodilo mariño e as mandas de cuóns, que sempre andan molestando ás crías.
Taxonomía
editarA clasificación dos búfalos acuáticos é incerta. Algunhas autoridades mencionan unha soa especie, Bubalus bubalis, con tres subespecies:[6]
- Búfalo de río (B. bubalis bubalis) do subcontinente indio,
- Carabao ou búfalo de pantano (B. bubalis carabensis) de Filipinas e sueste de Asia e
- Arni ou búfalo acuático salvaxe (B. bubalis arnee).
Outros consideran que son especies estreitamente relacionadas, pero independentes, Bubalus bubalis, Bubalus carabanensis e Bubalus arnee, respectivamente.[7]
En 2003, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (ICZN) ditaminou a favor de manter reunidos os búfalos acuáticos de pantano, e considerar un taxon separado para os búfalos de río, denominado Bubalus arnee, aínda que o uso antigo é aínda aceptábel para autores que o consideran conespecífico.
O búfalo acuático de pantano ten 48 cromosomas, mentres que o búfalo de río ten 50. Os dous tipos reprodúcense entre si, aínda que non facilmente, e poden producir descendencia fértil. Non se observou que se produzan híbridos con búfalos domésticos, e os embrións destes híbridos obtidos en laboratorio, non alcanzan a madureza.
Notas
editar- ↑ ICZN, 2003.
- ↑ Sharp, Kerry, "Frontier to the Crossroads", Outback Magazine, 67, Oct/Nov 2009. Outback Magazine Arquivado 18 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Sheikh P. A., Merry F. D. e McGrath D. G. (2006): "Water buffalo and cattle ranching in the Lower Amazon Basin: Comparisons and conflicts" Arquivado 14 de novembro de 2008 en Wayback Machine., Agricultural Systems 87: 313–330.
- ↑ El búfalo en Venezuela[Ligazón morta]
- ↑ "The Woodstock Water Buffalo Company". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2011. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ Roth, J. e P. Myers (2004): "Bubalis Bubalis". Universidade de Michigan. Museo de Zooloxía. [1]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Búfalo |
Ligazóns externas
editar- "Vacas, bisontes e búfalos" na Lista Mundial de Vigilancia para la Diversidad de los Animales Domésticos da FAO. (en castelán) Consultada o 6 de agosto de 2019