Badalona

concello de Cataluña

Badalona é un concello e cidade da costa central de Cataluña, que forma parte da comarca do Barcelonès, na provincia de Barcelona. Dende 1897 está considerada cidade.

Modelo:Xeografía políticaBadalona
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°26′00″N 2°14′00″L / 41.4333, 2.2333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès Editar o valor en Wikidata
CapitalBadalona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación225.957 (2023) Editar o valor en Wikidata (10.658,35 hab./km²)
Número de fogares88 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie21,2 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Baetulo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónAnastasi de Lleida (en) Traducir e Asunción de María Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataXavier García Albiol (2023–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento278.300.000 € Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08910–08918 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico(+34) 934 Editar o valor en Wikidata
Código INE08015 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT080155 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webbadalona.cat Editar o valor en Wikidata

Situada na costa do mar Mediterráneo, ocupa parte do delta do río Besòs e as faldras da Serra da Marina. A cidade está rodeada polos concellos de Sant Adrià de Besòs, Santa Coloma de Gramenet, Tiana, Montgat, Sant Fost de Campsentelles e Montcada i Reixac. Está situado no extremo norte da comarca, a escasos metros ao norte de Barcelona.

Cos seus 215.848 habitantes en 2017, Badalona é a cuarta cidade máis poboada de Cataluña, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat e Terrassa, e a 23ª de España. Forma parte da área metropolitana de Barcelona.

Os restos arqueolóxicos atopados nos barrios de Llefià e de Sistrells remontan a súa historia ao Neolítico, pero a fundación da poboación produciuse ao redor do ano 100 aC, baixo o nome romano de Baetulo.

Historia

editar
 
Termas romanas

Tense constancia de presenza humana en Badalona a partir do 3500 a.C., é dicir, a época de sedentarización do Neolítico medio recente. Así como de diferentes e primixenios asentamentos iberos e laietanos. Sobre algúns deles, asentáronse con posterioridade, os romanos, creando Baetulo,[1] no seu afán de frean aos cartaxineses, que se asentaron xa en Empúries.

A partir do século X vólvese a configurar en Badalona un núcleo urbano na antiga cidade romana, ocupando a Badalona medieval desde o río Besòs ao mar, e desde o outeiro de Montgat ata a serra Litoral. Azoutada por pragas e pestes, ademais dos ataques dos piratas tunisianos, fan que a baixa Idade Media sexa considerado para Badalona como un período de recesión, pero de consolidación como núcleo urbano que nese momento só producía para a súa propia subsistencia. O mosteiro de Sant Jeroni de la Murtra (fundado en 1416), foi moi relevante na súa época; a punto estiveron de celebrarse nel as Cortes en 1472, no marco da Guerra Civil Catalá.

Segundo o Barón de Maldá no seu Calaix de Sastre, onde explica a vida badalonesa de principios do século XIX, Badalona pasara a comerciar os seus excedentes no gran mercado emerxente barcelonés, que empezaba a mirar cara á industrialización. Administrativamente, Badalona continuou funcionando coa insaculación ata que se viu afectada polo Decreto de Nova Planta. O nivel de vida do municipio, aos poucos, foi dirixíndose cara ao inexorable proceso de industrialización que catapultou o éxodo rural e a economía catalá do século XIX.

Ata mediados do século XIX, Badalona vive un proceso de inmigración desde a Cataluña interior, debido ao éxodo rural, que fixo aumentar a poboación do municipio a 12.600 habitantes en 1860. Estes foron os que protagonizaron o crecemento demográfico, pero tamén urbanístico badalonés. A chegada do tren á cidade na mítica liña Barcelona-Mataró foi o arranque definitivo. A industria chegaba da man de Barcelona, á vez que se trasladou á cidade condal a industria alimentaria da zona. Ademais, en 1897, a raíña rexente María Cristina outorgaba o título de cidade a Badalona.

 
Badalona desde o mar

Badalona, como é lóxico, non estivo exenta de sufrir tanto a ditadura de Primo de Rivera como a Guerra civil española e a posterior ditadura de Francisco Franco. Foi a ditadura a que marcou o freo da efervescencia cultural de Badalona.

A finais dos anos 1980 inaugurouse o Paseo Marítimo, co que Badalona se abría cara ao mar. Badalona está inmersa hoxe, logo de ser subsede dos Xogos Olímpicos de 1992, nun proceso convulso de transformacións urbanísticas e a chegada dos novos inmigrantes que fan disto, un dos novos retos do século XXI. Entre esas actuacións están a recuperación da fachada marítima ou a construción do porto.

Xeografía

editar

Badalona é unha cidade de mar e de montaña. A Serra de la Marina pasa pola parte norte e oeste do termo municipal. Podemos destacar as montañas da Amigó, co cerro da Coscollada, de 466 metros de altitude, o cerro de les Maleses, con 462 metros, e o de Fra Rafael, con 414 metros entre outros. Tamén a serra de Mosques d'Ase, cunha altitude de ata 131 metros, a Serra de Montigalà, preto dos 150 metros, a Serra Mediterrània cun máximo de 171 metros, a Serra d'en Boscà, ata os 206 metros e a serra d'en Caritg, con cerros de preto de 80 metros de altitude. Tamén cabe destacar as rieras, abundantes na cidade: riera de Canyet, riera de Sant Joan (ou de Sant Jeroni), riera de Canyadó e riera Matamoros son algunhas das máis importantes. As catro liñas azuis onduladas sobre fondo branco que aparecen na bandeira e no escudo de Badalona representan esas catro rieras. Ademais hai fontes na parte de montaña que regan as rieras.

Demografía

editar
 
Evolución demográfica de Badalona

Badalona é o terceiro municipio de Cataluña en número de habitantes. Dos seus 217.093 habitantes en 2008, 187.743 eran de orixe española (86,5%) e o resto do estranxeiro, sendo as comunidades de marroquís (5.048), paquistanís (4.426) e chineses (3.365) as máis importantes.[2]

Gráfica de evolución demográfica de Badalona[3] entre 1842 e 2021

Distritos e barrios

editar
 
División administrativa de Badalona.

Badalona está formada por 35 barrios agrupados en 6 distritos, que son os seguintes:[4]

  • Distrito 1: Canyadó, Casagemes, Centre, Coll i Pujol, Dalt de la Vila, Manresà, Progrés
  • Distrito 2: La Pau, Lloreda, Montigalà Occidental, Nova Lloreda, Puigfred, Sant Crist de Can Cabanyes, Sistrells
  • Distrito 3: Bonavista, Bufalà, Canyet, Les Guixeres, Mas Ram, Montigalà Oriental, Morera, Pomar, Pomar de Dalt
  • Distrito 4: La Salut, Sant Antoni de Llefià, Sant Joan de Llefià, Sant Mori de Llefià
  • Distrito 5: Can Claris, Congrés, El Raval, Gorg, La Mora
  • Distrito 6: Artigues, El Remei, Sant Roc

Transporte

editar

A cidade de Badalona está perfectamente conectada cos concellos limítrofes e especialmente coa cidade de Barcelona e o aeroporto do Prat. Por estrada, os principais accesos son as autoestradas C-31 e B-20 e a estrada nacional N-II, ademais de estradas locais que unen Badalona con Mollet del Vallès e Montcada i Reixac.

Chegan á cidade dúas liñas da rede de metro de Barcelona. A L2 une a cidade co centro de Barcelona e ten cinco paradas en Badalona. Unha delas, a de Gorg, é a cabeceira da L10, que ten outras dúas estacións na cidade. Tamén chega o tranvía, coas liñas T5 e T6 do Trambesòs.

Conta tamén cunha ampla oferta de autobuses urbanos e interurbanos, diúrnos e nocturnos, operados por TUGSAL e TMB. Ademais ten dez paradas de taxi e máis de 20 km de carril bici.

Xunto á praia atópase a estación de Badalona de tren, con servizos da liña R1 de proximidades. Máis ao sur está o porto de Badalona, porto deportivo e pesqueiro da cidade.

Festividades

editar
 
"Cremada del Dimoni"

A Festa Maior de Badalona celébrase o 15 de agosto, día da Ascensión da Virxe, na honra á Mare de Déu d'Agost. Aínda así a festividade máis celebrada en Badalona son as Festas de Maio (Les festes de Maig) celebradas en maio, o 11 de maio día do patrón da cidade e festivo, San Anastasio, quen foi martirizado na Torre Mena (edificio emblemático da cidade) no século XVII. A noite anterior, o 10 de maio, celébrase a festa da Cremada del Dimoni (queima do demo) na praia, onde se queima un demo de madeira na area, mentres se lanzan fogos artificiais.

Esta xornada está chea de actividades: correfocs, o baile do Áliga, habaneras, cremats, a sardiñada, bailes de rúa e desde a súa fundación en 1998 as actuacións dos Castellers de Badalona “els Gegants de Badalona” e "Els diables". Esta festividade de maio foi declarada Ben Cultural de Interese Turístico en 1990. Ademais parece ser que se atopan datadas en 1635; Rafael d'Amat i de Cortada (Barón de Maldá) describiunas no seu Calaix de Sastre.

Badalona dá acubillo a diversas festas que renden homenaxe a santos como San Sebastián (patrón escollido polo pobo), San Pedro (patrón dos pescadores), ou a Passada de San Antón (patrón dos animais de cuadra de pé redondo, é dicir, con pezuño). Badalona tamén celebra a procesión do Corpus, a do Carme, a Procesión dos Misterios, documentada no século XVII e caracterizada polo silencio, ademais da Noite de Reis en que estes chegan á cidade desde a praia. A estas engádenselles as festividades típicas de Cataluña como o Entroido, a Diada de Cataluña, Sant Jordi ou a Noite de San Xoán.

Deportes

editar
 
Interior do Pavelló Olímpic

Cidades irmandadas

editar
  1. Mestre, 1998: p. 84, entrada: "Badalona"
  2. Institut d'Estadística de Catalunya (ed.). "Evolución da poboación total e estranxeira. 2000-2012 Badalona". Població estrangera. Evolució. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  3. Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 15 de outubro de 2023. 
  4. Ajuntament de Badalona (ed.). "Barrios, distritos e códigos postais". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 2
todo 1