Bakú

capital e maior cidade do Acerbaixán

Bakú[1] ou Bacú[2][3] (Bakı en azarí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localízase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2 374 000 habitantes (2015).

Modelo:Xeografía políticaBakú
Bakı (az) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°22′00″N 49°50′07″L / 40.366656, 49.835183
EstadoAcerbaixán Editar o valor en Wikidata
Capital de
Acerbaixán (1991–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.300.500 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.075 hab./km²)
Lingua oficialLingua azarí Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2.140 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Caspio Editar o valor en Wikidata
Altitude−28 m Editar o valor en Wikidata
Creaciónséculo I Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoEldar Azizov (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalAZ1000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico12 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2AZ-BA Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Tbilisi (1993–)
Kíiv (1997–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webbaku-ih.gov.az Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4973490
Foto do Mar Caspio, tomada desde Bakú, Acerbaixán

Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a segunda guerra mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da Unión Soviética. Despois da independencia de Acerbaixán a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Karabakh, volvendo a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer de Acerbaixán na súa totalidade.

Etimoloxía

editar

Crese que o nome Bakú provén de verbas do antigo persa Bād-kube "باد کوبہ", que significa "Cidade golpeada polo vento ", onde "Bād" significa vento e "Kube" vén do verbo "Kubidan", golpear.

Tamén se cre que Bakú deriva da palabra Baghkuh, que significa Monte de deus. Baga (actualmente Bagh) e Kaufa (actualmente Kuh) son as dúas verbas do antigo persa para Deus e Montaña; ademais o nome Baghkuh pode ter algunha relación con Bagdad (Regalo de Deus) onde a partícula é a palabra do antigo persa para o verbo dar. En textos árabes a cidade tamén é denominada Baku, Bakukh, Bakuya, e Bakuye'.

Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,[4] Baku provén do turco para outeiro. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na lingua lak.

A Enciclopedia Islámica turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".

Outra proposta consiste en que o nome provén do persa medio Bāgh-dād, "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do Califato Abasí.

Mansur chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.

Cidades irmás

editar
  1. Ver entrada de «Sumqayit». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1984. ISBN 9788482893600. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 03 de abril de 2014. 
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  4. .The Name “Baku”
  NODES
todo 1