Balder
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Na mitoloxía nórdica, Balder (tamén Baldr ou Baldur) era o deus da inocencia, da xuventude, da beleza, da pureza e da paz. Era o segundo fillo de Odín e Frigg, casou con Nanna e con ela tivo a Forseti. Balder coñécese sobre todo polo mito que arrodea á súa morte.
Nome orixinal | (non) Baldr |
---|---|
Biografía | |
Causa da morte | deicídio, Mistilteinn (en) traumatismo penetrante |
Residencia | Breidablik (pt) |
Q89547790 | ser o deus da inocencia, da xuventude, da beleza, da pureza e da paz |
Actividade | |
Campo de traballo | Paganismo nórdico, paganismo xermánico, Mitoloxía nórdica e Mitoloxía xermánica |
Membro de | |
Celebración | Mitoloxía nórdica |
Familia | |
Cónxuxe | Nanna |
Fillos | Forseti |
Pais | Odín e Frigg |
Irmáns | Höder Hermod Bragi Thor Meili Víðarr Váli |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia de Otto |
Cando naceu Balder, a súa mai Frigg, temerosa pola seguridade do seu fillo, fixo xurar a todos os animais e plantas, ao lume, á auga e a todos os metais que non danarían o seu fillo. Aínda así, a Balder advertíuselle da súa propia morte por medio de soños, pero non foi quen de descifralos. Por este motivo, o seu pai Odín, montado no seu cabalo Sleipnir, baixou a Hel, e Garm interpúxose. Porén, Odín conseguiu evitalo e chegou onda á porta do poente, dixo unhas palabras máxicas para espertar a Hela, e pese ás súas queixas, Odín obrigouna a descifrar o soño de seu fillo. Malia iso, Hela empregou palabras escuras.
Balder, créndose invulnerable a todo, ideou un xogo no que os deuses debían guindar, sobre el, cantos obxectos daniños quixeran, sabendo que nada lle podían facer. Loki, coa forma dunha velliña, conseguiu saber que Frigg, considerando ao visgo demasiado novo, eximiuno do xuramento. Loki deulle unha ponla de visgo ao irmán cego de Balder, Höder, para que participara no xogo e lla guidara. Cando lla botou, Balder caeu morto, o resto dos deuses quedaron mudos, sen poder vingarse por ser o lugar sagrado. Os deuses colleron o cadáver e levárono ao mar, e na súa nave fixeron a pira.
A morte de Balder é un tema recorrente nas tradicións escandinavas e a orixe mítica do funeral viquingo.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |