Basófilo (tinguidura)

célula ou compoñente celular que se tingue con colorantes básicos
Para a célula do sangue con afinidade pola hematoxilina ver basófilo.

O termo basófilo aplícase en histoloxía a calquera célula ou compoñente celular que se tinga nas preparacións con colorantes básicos[1], como a hematoxilina. Estes compoñentes dise que teñen basofilia. Por exemplo, falamos de citoplasma basófilo, gránulo basófilo, célula basófila etc. Ás veces utilízase alternativamente o adxectivo basofílico. Os colorantes básicos teñen afinidade polas partes ácidas con cargas negativas da célula, como os fosfatos do esqueleto do ADN ou os ribosomas. A hematoxilina é un dos colorantes básicos máis usados, e tingue de azul as células que teñen afinidade por el. Normalmente utilízase en combinación coa eosina (que é ácido) na tinguidura de hematoxilina-eosina ou tinguidura HE.

Granulocito basófilo do sangue rodeado de eritrocitos eosinófilos con tinguidura HE.
Basófilo.

A célula branca do sangue chamada granulocito basófilo ou, simplemente, basófilo, ten o seu núcleo e gránulos citoplasmáticos tinguidos dun ton púrpura escuro ou azulado coa tinguidura HE. Tamén existen unhas células denominadas basófilos na adenohipófise, pero non son glóbulos brancos sanguíneos.

  1. The Free disctionary Basophilic

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
os 30
todo 1