Benito María Hermida Verea
Benito María Hermida Verea, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1825 e finado o 2 de xuño de 1905, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1825 Santiago de Compostela, España |
Morte | 2 de xuño de 1905 (80 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Cónxuxe | Dolores Segovia Cisneros |
Premios | |
cabaleiro da Real Orde de Carlos III Gran Cruz de Isabel a Católica |
Traxectoria
editarFillo de Humberto Ramón de Hermida Bazán e María del Pilar Verea de Aguiar San Mamede. Señor de Andeade, Cumeiro, Leiro Grande, Osebe, Loureiro, Salmonte e Rosende. Casou con Dolores Segovia Cisneros. Foi alcalde de Touro en 1857. Foi elixido senador pola provincia da Coruña en 1872. Na Restauración pertenceu ao Partido Liberal e foi elixido deputado polo distrito de Arzúa nas eleccións de 1876. Continuou como deputado polo mesmo distrito nas sucesivas eleccións ata 1899. Volveu ser elixido senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1899-1900 e 1901-1902. Dirixiu a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Foi nomeado cabaleiro da Real Orde de Carlos III e recibiu a Gran Cruz de Isabel a Católica.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Senado
- Xenealoxía Hermida Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.