Benito Xerónimo Feijoo

relixioso e polígrafo ilustrado galego

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego.[1] Xunto co valenciano Gregorio Mayans e os portugueses António Nunes Ribeiro Sanches e o Marqués de Pombal, constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración na Península Ibérica.

Modelo:BiografíaBenito Xerónimo Feijoo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1677 Editar o valor en Wikidata
Casdemiro (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Morte26 de setembro de 1764 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Oviedo (Reino de España) Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalTeoloxía
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, teoria social (pt) Traducir e crítica literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónensaísta, médico, profesor universitario, escritor, filósofo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Salamanca
Universidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
MovementoIlustración e Iluminismo na Espanha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsAnselmo Feijoo Montenegro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Encyclopædia Britannica Online (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 36230 BNE: XX885166 BUSC: feijoo-montenegro-benito-jeronimo-1676-1764 Dialnet: 110471
Casa natal en Casdemiro.

Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Traxectoria

editar

Era fillo primoxénito dunha familia fidalga, o seu pai foi Antonio Feijoo Montenegro e Sanjurjo e a súa nai María de Puga Sandoval Novoa e Feijoo. Logo de facer os estudos primarios no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, pouco antes de facer os 14 anos ingresou na Orde de San Bieito, polo que tivo que renunciar aos seus dereitos como morgado. Ordenouse como sacerdote no mosteiro de San Xulián de Samos, e estudou Teoloxía na Universidade de Salamanca. Foi profesor durante oito anos no mosteiro de San Salvador de Lérez, catro anos como pasante e catro como titular.[2] Acadou mediante oposición unha cátedra na Universidade de Oviedo. En Oviedo residiu dende 1709, no colexio bieito de San Vicente.

Feijoo está considerado o primeiro ensaísta da literatura en lingua castelá, e un dos pioneiros xunto a Gregorio Mayans da considerada Primeira Ilustración Española, desde 1737 até pouco despois da morte de Fernando VI. Amais, está considerado precursor das ideas de frei Martín Sarmiento.

Non publicou as súas obras até 1725, e fíxoo en forma de coleccións de opúsculos polémicos que chamou discursos (de discorrer, disertar libremente). Neste xénero intégranse os oito volumes (118 discursos), máis un suplemento adicional do Teatro crítico universal (coa acepción de teatro como «panorama» ou visión xeral de conxunto), publicados entre 1726 e 1739. Doutra banda, están os cinco volumes das Cartas eruditas y curiosas, publicadas entre 1742 e 1760 e compostas por 166 ensaios máis curtos. Amais, cómpre sumar un tomo extra de Adiciones publicado en 1783 e a súa copiosa correspondencia privada.

 
Placa no Mosteiro de Lérez.

Nos Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das falsas crenzas e as supersticións, entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". Polo seu carácter enciclopédico, esta obra insírese na tradición das misceláneas, ao estilo da Silva de varia lección de Pero Mexía (século XVI).[3]

A súa obra espertou curiosidade, pois foi traducida ao francés, inglés, italiano e alemán.

 
Unha estatua de Feijoo, obra de Asorey, preside o claustro grande de Samos.

Os seus discursos provocaron rexeitamento entre as comunidades tomista e escolástica, con críticas de Ignacio de Armesto Osorio, Francisco de Soto Marne, Salvador José Mañer e Diego de Torres Villarroel entre outros. Porén, foi defendido polo doutor Martín Martínez e os frades Isla e Martín Sarmiento, amais do propio rei Fernando VI, que mediante un real decreto de 1750 prohibiu que se lle atacase.

Consideracións sobre a igualdade de xénero

editar

Feijoo defendía a igualdade do home e da muller e a súa figura é clave na historia dos dereitos da muller na España do século XVIII. O XVI discurso "Defensa da muller" publicado no primeiro volume do Teatro Crítico Universal de 1726 está considerado como o primeiro tratado feminista español. Mestura os criterios de corte racionalista, propios da primeira xeración ilustrada á que pertence, con outros criterios tradicionais baseados no argumento da autoridade utilizando numerosas referencias eruditas.[4] Cuestiona a opinión común e a misoxinia da época sobre a inferioridade da muller, defende a igualdade intelectual entre homes e mulleres, a dignidade moral da muller e o seu dereito a acceder ao coñecemento científico e á alta cultura.[5] [6][7]

O texto comeza con estas palabras:

Estou nun serio problema. Xa non é só unha vulgaridade ignorante coa que me presento ao concurso: defender a todas as mulleres é o mesmo que ofender a todos os homes: pois é raro que a un non lle interese a primacía do propio sexo ante o desprezo do outro. A opinión común estendeuse tanto na vilipendiación das mulleres que case non admiten nada bo sobre elas.
No moral énchenas de defectos, e no físico de imperfeccións. Pero, onde ten máis forza é na limitación dos entendementos. Por iso, despois de defendelos brevemente nestes capítulos, comentarei con maior extensión a súa aptitude para todo tipo de Ciencias e coñecementos sublimes. [8]

Consideracións sobre o galego e portugués

editar

Ademais de ser un precursor das ideas de frei Martín Sarmiento en canto ás ideas ilustradas sobre a Ciencia e a Ilustración, é tamén, no referido ás cuestións filolóxicas, e un dos precursores do Rexurdimento pola súa defensa da dignidade da lingua galega. Consideraba o galego e o portugués linguas de seu, non dialectos do castelán, con orixe no latín, e constituíndo unha unidade lingüística.[9][10][11]

Dentro de España, a casteláns e andaluces parécelle humilde, e a plebea a articulación de Jota, e o G de portugués, e galegos. Pero os franceses, que pronuncian igual, non só dicían as dúas letras: pero tamén o Ch, escoita con horror a articulación castelá"

"por entender todos os dialectos do latín, porque aínda que estes son comunmente considerados como non máis de tres, español, italiano e francés, P. Kirquer, Autor desapasionado {(a) De Turri Babel, lib 3 capítulo 1. }, engade o lusitano: no que, advirto, hai que incluír a lingua galega, como en realidade indistinguible do portugués, porque as voces nas que se diferencian son moi poucas, e a pronuncia das letras en todo semellante: e Isto é como os individuos de ambas nacións se entenden perfectamente, sen instrución previa".

"Que a lingua lusitana ou galega debe ser considerada un dialecto separado do latín, e non un subdialecto, ou corrupción do castelán, móstrase, na miña opinión, con probas, do maior parentesco que ten a primeira, que a segunda, que a lingua lusitana ou galega debe ser considerada como un dialecto separado do latín, e non un subdialecto ou corrupción do castelán con latín. "

Galería de imaxes

editar
  1. Galega, Consello da Cultura. "Benito Jerónimo Feijóo ; Album de Galicia". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2022-08-03. 
  2. Rial López, C.. "Historia del monasterio". San Benito de Lérez (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2019. Consultado o 09 de marzo de 2019. 
  3. "Benito Jerónimo Feijoo". Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium (DVD). Microsoft Corporation. 2009 (en castelán).
  4. Iglesias, Fundación Pablo; Madrid, Universidad Complutense de; Nacional (Spain), Biblioteca (2003). El voto de las mujeres, 1877-1978: exposición, Biblioteca Nacional (Sala Siglo XX), 4 de noviembre-7 de diciembre de 2003 (en castelán). Editorial Complutense. ISBN 978-84-7491-739-0. 
  5. Amorós, Celia; Miguel Álvarez, Ana de (2005). Teoría feminista, de la Ilustración a la globalización (en Spanish). Madrid: Minerva Ediciones. ISBN 978-84-88123-53-4. OCLC 63698620. 
  6. "“Defensa de las mujeres”: el conformismo obligado de Feijoo en la España del siglo XVIII". www.um.es (en castelán). Consultado o 2022-08-03. 
  7. "Feijoó y vislumbres do feminismo (século XVIII)". Revista Consideraciones (en castelán). 2018-04-11. Consultado o 2020-10-20. 
  8. Cf. B. J. Feijoo, "Discurso XVI", no seu Teatro Crítico Universal. Madrid na Imprenta de Benito Cosculluela, 1784-85, páxina 1 e seguintes.
  9. Universal Critical Theatre, tomo primeiro. Benito Jerónimo Feijoo, Teatro Crítico Universal, volume primeiro (1726). Texto tirado da edición de Madrid 1778, páxinas 309- 325. 
  10. "Paralelo de las lenguas castellana y francesa / Feijoo / Teatro crítico universal 1, 15". www.filosofia.org. Consultado o 2022-08-03. 
  11. Cervantes, Biblioteca Virtual Miguel de. "Obras escogidas / de Fr. Benito J. Feijoo con una advertencia preliminar". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 2022-08-03. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
HOME 3
Idea 3
idea 3
iOS 17
mac 2
multimedia 1
os 116
text 4
todo 6