Benxamín Dosil López
lingüista galego
Benxamín Dosil López, nado na Fonsagrada o 7 de febreiro de 1961, é un lingüista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1961 (63 anos) A Fonsagrada, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | lingüista |
Traxectoria
editarLicenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego no Servizo de Tradución da Xunta (1989-1997), e, dende 1993, funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000). Encargouse da coordinación e tratamento terminolóxico da Guía de alimentación (1995) e do Léxico da construción (2001).
Obras
editar- Maiúsculas e abreviacións (1996). Dirección Xeral de Promoción Cultural.
- Palabras novas e nomes propios (1997). Xunta de Galicia, Andel. 93 páxs. ISBN 978-84-453-1981-9.
- Escrita doada. Consellos para redactar ben (2015). Ed. Xerais.
- Manual de uso da lingua galega (2021). Ed- Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-9121-823-4.
En colaboración
editar- Dicionario galego de banca, 1993.
- Manual de fútbol, 1995-1998.
- Dicionario de ortografía da lingua galega, 1996.
- Ortografía galega. Método práctico, 1997.