Bertrand Blier
Bertrand Blier, nado en Boulogne-Billancourt o 14 de marzo de 1939, é un director de cinema, guionista e actor francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1939 (85 anos) Boulogne-Billancourt (Francia) |
Altura | 1,79 m |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor de cinema, escritor, guionista, realizador |
Período de actividade | 1963 - |
Familia | |
Cónxuxe | Farida Rahouadj |
Pais | Bernard Blier e Gisèle Brunet |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarO seu filme de 1978 Préparez vos mouchoirs gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa na 51ª edición dos premios.[1] En 1981 dirixiu o controvertido Beau-père, na que relata a historia do romance entre un home maior e a súa fillastra de 14 anos. O actor Patrick Dewaere protagonizou a cinta, nunha das súas últimas aparicións no cinema francés antes de suicidarse.
Bertrand é fillo do famoso actor Bernard Blier. O seu filme de 1996 Mon Homme participou na edición 46 do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[2] O filme de 2005 Canto me amas? formou parte da selección presentada na edición 28 do Festival Internacional de Cinema de Moscova, onde gañou o premio Silver George ó mellor director.[3]
Notas
editar- ↑ "The 51st Academy Awards (1979) Nominees and Winners". Consultado o 7 de xuño de 2013.
- ↑ "Berlinale: 1996 Programme". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ "28th Moscow International Film Festival (2006)". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2013. Consultado o 21 de abril de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Bertrand Blier na IMDb (en inglés).