Biel/Bienne
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Biena, oficialmente en alemán: Biel, e en francés Bienne (antigamente en italiano: Bienna, en romanche: Bienna), é unha cidade suíza localizada no cantón de Berna. Está situada no extremo nororiental do lago de Biena, na rexión de Seeland, e, con 55.206 habitantes, ocupa o décimo posto na lista de cidades suízas.
Biel (de) Bienne (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Berna | ||||
Rexión administrativa | Seeland administrative region (en) | ||||
Distrito administrativo | Bienna (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 55.159 (2018) (2.600,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 21,21 km² | ||||
Bañado por | Lago de Biena, Rio Suze (pt) , Río Aar e Thielle (en) | ||||
Altitude | 434 m-441 m | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Erich Fehr (2011–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2500, 2502, 2503, 2504, 2505 e 2501 | ||||
Prefixo telefónico | 032 | ||||
Código de municipio suízo | 0371 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Identificador | ISOS 10001 de, ISOS 10002 fr | ||||
Sitio web | biel-bienne.ch | ||||
É a segunda cidade máis grande do cantón, despois de Berna, e a maior cidade bilingüe de toda Suíza. Dende 2010, é a capital do distrito administrativo bernés de Biel/Bienne. Segundo a Oficina Federal de Estadística, nas 25 comunas da aglomeración urbana de Biena moran 101.271 persoas,[1] mentres que se estima que na súa zona de influencia, este número pode chegar ata 150.000 persoas.[2]
Biena é o centro rexional e económico da rexión de Seeland, así coma do Xura bernés e partes do cantón de Soleura. A cidade conta con varias escolas universitarias e de estudos superiores. Biena é o centro reloxeiro máis importante de Suíza, por diante de Le Locle, Grenchen e La Chaux-de-Fonds, e é coñecida como a metrópole reloxeira do mundo, en parte pola sede de Swatch Group e a planta de produción de Rolex. A Federación da Industria Reloxeira Suíza ten tamén a súa sede na cidade.
Biel caracterízase por ser unha cidade relativamente nova e homoxénea que, sobre todo no barrio da estación, construíuse a partir dos anos '20 conforme ás reglas de Bauhaus e Neue Bauen, escolas de arquitectura e deseño. O seu casco antigo, de estrutura medieval, está marabillosamente conservado.
Xeografía
editarA cidade descansa aos pés da aba sur da Cordilleira do Xura, na ribeira nordeste do Lago de Biel. Queda, pois, xusto na fronteira lingüística entre o francés e o alemán, o Röstrigaben, motivo polo cal a denominación oficial da cidade é nos dous idiomas, habendo un 40% de francófonos e un 60% de xermanófonos, con tendencia a diminuíren os primeiros en favor dos segundos.
Historia
editarA orixe de Biel hai que procurala no asentamento galo establecido durante a cultura de La Tène. Foi conquistada sucesivamente por romanos e burgundios, chegando estes últimos a incorporala ao seu reino, para pasar posteriormente ao dominio do Sacro Imperio Romano Xermánico.
A cidade propiamente dita foi construída no século XI e o primeiro rexistro escrito do seu topónimo data de 1142. Ata o século XVIII permaneceu oficialmente baixo a xurisdición do bispo de Basilea, mais na práctica integrouse na Antiga Confederación Suíza.
En 1798 foi anexionada pola Primeira República Francesa. Unha vez derrotado Napoleón, tras o Congreso de Viena, integrouse no cantón de Berna, onde aínda permanece.
Ata 2005 denominouse oficialmente Biel, aínda que a forma bilingüe Biel-Bienne tamén era de uso común. A partir dese ano a denominación oficial pasou a ser Biel/Bienne.
Economía
editarA economía de Biel xira en torno á súa industria reloxeira. Marcas coma Festina, Leroy, Swatch ou Rolex están intimamente ligadas coa cidade. A mecánica de precisión e a micromecánica prosperan en toda a vila e nos seus arredores. Rolex estableceuse dende os seus inicios aquí, situando os seus centros de produción. Swatch tamén ten a súa sede central na cidade, ao igual que a Federación da Industria Reloxeira Suíza.
Cultura
editarEn 2004 recibiu o Premio Wakker pola conservación e desenvolvemento do seu patrimonio arquitectónico. En efecto, o centro histórico de Biel/Bienne, aínda que cativo, conserva as súas trazas orixinais, presididas por unha igrexa gótica do século XV. Tamén abundan as fontes profusamente decoradas con todo tipo de flores.
Notas
editar- ↑ "Agglomerationen und Kerne ausserhalb von Agglomerationen". www.bfs.admin.ch. Consultado o 18 de decembro de 2014.
- ↑ "AGGLOMERATION BIEL/BIENNE 2030 – Richtplan Siedlung und Verkehr." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2013. Consultado o 26 de abril de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biel/Bienne |