Bioi parallēlloi
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Bioi parallēlloi (en grego "Vidas paralelas" é unha escolma biográfica de Plutarco (s. I) que contén vinte e tres pares de biografías, onde cada par inclúe a oposición dun personaxe grego a outro romano, así como catro vidas desemparelladas. Serían por tanto un total dun cincuenta biografías, corenta e dúas agrupadas por parellas, catro que opoñen dous gregos a dous romanos, e catro que non presentan opoñente.
Bioi parallēlloi | |
---|---|
Título orixinal | Βίοι Παράλληλοι e Vitae parallelae |
Autor/a | Plutarco de Queronea |
Lingua | Grego antigo |
Xénero(s) | biografía |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Propósito
editarO obxectivo de Plutarco consiste en extraer, en cada caso, o carácter moral do personaxe, antes que a narración dos acontecementos políticos da época; de aí o tratamento exhaustivo sobre a educación e natural disposición do personaxe, e o relato de anécdotas, calculado para revelar a natureza do home. «Un lance fútil, unha palabra, algún xogo» que «aclara máis as cousas sobre as disposicións naturais dos homes cás grandes batallas gañadas, onde poden caer dez mil soldados».
Cría na compatibilidade de Roma como reitora e de Grecia como educadora. As Vidas conteñen, ademais de senlleiras anécdotas, moitas pasaxes históricas memorables.
Os personaxes
editar- Teseo & Rómulo
- Licurgo & Numa Pompilio
- Solón & Publícola
- Temístocles & Camilo
- Pericles & Fabio Máximo
- Coriolano & Alcibíades
- Emilio Paulo & Timoleón
- Pelópidas & Marcelo
- Arístides & Catón
- Filopemen & Flaminino
- Pirro & Cayo Mario
- Lisandro & Sila
- Cimón & Lúculo
- Nicias & Craso
- Alexandre & Xulio César
- Aguesilao & Pompeio
- Sertorio & Eumenes
- Foción & Catón o Mozo
- Aguis e Cleómenes & Tiberio e Caio Graco
- Demóstenes & Cicerón
- Demetrio & Antonio
- Dión & Bruto
- Artaxerxes e Arato & Galba e Otón
Os relatos biográficos perdidos
editarRemitíndonos a fontes indirectas e textos alternativos pódese establecer que se perderon as biografías referentes a Hércules, Escipión o Africano, Epaminondas, Augusto, Claudio, Metelo ou Nerón.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bioi parallēlloi |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Plutarco en grego |