Bocadillo de luras
O bocadillo de luras é unha especialidade culinaria moi frecuente en España consistente en, ou ben luras rebozadas en fariña e fritidas en aceite que adoita ser de oliva, ou ben a versión cun mollo de tomate picante e maionesa con allo semellante á das patacas bravas.[1] Adóitase servir quente, acabado de facer. Este tipo de bocadillo (a versión sinxela sen mollo) é moi popular en Madrid e pode atoparse na maioría dos bares da capital, sendo moi típico da Praza Maior de Madrid.[2][3] En Zaragoza é tradicional a versión con mollo picante (tomate, maionesa e allo), e denomínaselle bocadillo de luras bravas.
Preparación
editarAdóitanse cortar as luras en talladas con forma de anel dun centímetro de grosor, e rebózanse con fariña e lévedo químico. Despois frítense en aceite fervendo lixeiramente ata que queden douradas.[4]
Notas
editar- ↑ Néstor Luján, (1994), "Como piñones mondados, Cuento de Cuentos de Gastronomía",Ed. Folio,Barcelona, pp:123
- ↑ "¿Por qué el bocata de calamares es un plato típicamente madrileño?". Madrid Secreto.
- ↑ Joaquín de Entrambasaguas, (1971), "Gastronomía Madrileña", Instituto de Estudios Madrileños, páx. 23
- ↑ Manuel Martínez Llopis, Simone Ortega, (1987), «La cocina típica de Madrid», Alianza Editorial. páx. 311