Unha bomba atómica é unha arma explosiva cuxa enerxía deriva dunha reacción nuclear, xa sexa de fisión ou unha combinación de fisión e de fusión. Ambas as reaccións liberan grandes cantidades de enerxía a partir de cantidades relativamente pequenas de materia. As bombas atómicas teñen un poder destrutivo inmenso, e unha única bomba é capaz de destruír unha cidade grande enteira.

A nube en forma de cogomelo deixada pola bomba atómica que explotou a 500 m de altitude no centro de Nagasaki (Xapón) o 6 de agosto de 1945, alcanzou os 18 km de altura.

Historia

editar

A primeira proba dunha bomba de fisión ("atómica") liberou a mesma cantidade de enerxía que preto de 20 mil toneladas de TNT. A primeira proba dunha bomba termonuclear ("de hidróxeno") liberou unha cantidade de enerxía equivalente a cerca de 10 millóns de toneladas de TNT.

Unha arma termonuclear moderna, pesando pouco máis de 1 100 kg, pode producir unha forza explosiva equivalente á detonación de máis de 1,2 millóns de toneladas de TNT.[1] Así, mesmo un pequeno dispositivo nuclear non moito maior co das bombas tradicionais, pode devastar unha cidade enteira a través da xigantesca explosión e polos incendios e radiación subsequentes. As armas nucleares son consideradas armas de destrución masiva e o seu uso e control ten sido un dos principais focos da política das relacións internacionais desde a súa creación.

Bombas atómicas só foron usadas dúas veces en guerra, ambas polos Estados Unidos contra o Xapón, nas cidades de Hiroshima e Nagasaki, durante a segunda guerra mundial (sendo dos maiores ataques a unha poboación civil, con case 200.000 mortos). No entanto, as bombas atómicas xa foran usadas centenares de veces en probas nucleares feitas por varios países.[Cómpre referencia]

As potencias que dispoñen da arma nuclear declaradas son os EUA, Rusia, o Reino Unido, Francia, a República Popular da China, India, Paquistán e Israel. Estes países xa posúen este material para fins ofensivos. Outro país que testou armamento nuclear foi Corea do Norte, porén asinou un acordo coa ONU para se desarmar.

Efectos

editar

Os efectos predominantes dunha bomba atómica (a explosión e a radiación térmica) son os mesmos dos explosivos convencionais. A grande diferenza é a capacidade de liberar unha cantidade inmensamente maior de enerxía dunha soa vez.

O dano producido polas tres formas iniciais de enerxía liberada difire de acordo co tamaño da arma. A enerxía liberada na explosión segue a ecuación de Einstein, E=mc², onde E é a enerxía liberada, m é a masa da bomba que "suma" na explosión e c (celeritas) é a velocidade da luz.

 
Fat Man, a bomba atómica que explotou en Nagasaki, Xapón.
  1. Especificamente as bombas nucleares B83, con 1,2 megatóns.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1