Bosnia e Hercegovina no Festival de Eurovisión
Bosnia e Hercegovina realizou o seu debut como país soberano no Festival de Eurovisión 1993, e competiu cada ano dende entón, a excepción das edicións de 1998 e 2000 e debido á crise económica en 2013, 2014 e 2015.
Bosnia e Hercegovina | |
---|---|
Estación membro | BHRT |
Final nacional | BH Eurosong |
Aparicións | 18, antes como Iugoslavia |
Primeira aparición | 1993 |
Mellor resultado | |
Final | 3º 2006 |
Semifinal | 2º 1993 2º 2006 |
Peor resultado | |
Final | 22º 1996 |
Semifinal | 21º 1996 |
Ligazóns externas | |
Páxina de Bosnia e Hercegovina en Eurovision.tv |
Nun total de 6 veces, quedou dentro do TOP-10 na gran final e sempre clasificouse á final.
Anteriormente participou como membro da República Federal de Iugoslavia.
Momentos emotivos
editarDebido á Guerra de Bosnia, unha situación moi conflitiva do país en 1993, pensábase que Bosnia non sería capaz de emitir os seus votos polas dificultades de comunicación. Porén, cando tivo lugar a súa quenda púidose ouvir, con interferencias: "Hello Millstreet, this is Sarajevo calling" (Ola Millstreet, chamando dende Saraxevo), o cal xerou un aplauso memorábel por parte do público.
Así mesmo ao ano seguinte no festival de 1994 levouse a cabo a primeira conexión por satélite cos portavoces dos xurados, polo cal estes saían en pantalla. Cando se viu a portavoz bosníaca saudando "Bonsoir Dublin, ici Sarajevo" (Boas noites Dublín, aquí Saraxevo) o público e os presentadores do certame comezaron a aplaudir.