Brabío, Betanzos
parroquia civil do concello de Betanzos
San Martiño de Brabío[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Betanzos na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2017 tiña 372 habitantes (205 mulleres e 167 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 424 habitantes.
Brabío | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Brabío | |
Concello | Betanzos[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°15′59″N 8°12′00″O / 43.2664, -8.1999 |
Poboación | 372 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cultura
editarTopónimo
editarBrabío podería ser un fitotopónimo ou un antropónimo que xorde entre os séculos X e XIII. Para algúns autores procede dun termo latino que se refire a algo bravo ou deixado de cultivar.[2][3][4] Para outros autores é un antropónimo prerromano que fai referencia dalgún xeito a un "señor".[5][4]
Patrimonio
editar- Igrexa de San Martiño de Brabío. De estilo románico do século XII. Planta rectangular cunha soa nave. No interior hai un arco triunfal de medio punto sostido por dúas columnas unidas con capiteis de follas de acanto rematadas en bóla.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de San Martiño de Brabío.
-
Adro da igrexa, con viñas ao seu pé.
-
Viñas da Terra de Betanzos.
-
Fonte Picachá.
Lugares e parroquias
editarLugares de Brabío
editarLugares da parroquia de Brabío no concello de Betanzos (A Coruña) | |
---|---|
Acea | Barallobre | A Casilla | O Coto | O Martinete | O Marulo | Piñeiro | Roibeira | Os Tabaques |
Parroquias de Betanzos
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2.
- ↑ Moralejo Laso, A. (1981). "Notas acerca de algunos topónimos de la comarca de Betanzos". Anuario Brigantino (Betanzos) (4): 32–37.
- ↑ 4,0 4,1 Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
- ↑ Meméndez de Luarca y Navia Osorio, J. R. (2000). La construcción del territorio. Mapa histórico del Noroeste de la Península Ibérica. Madrid.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Veiga Ferreira, Xosé María (1997). "San Martiño de Brabío". A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (3).