British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
Historia
editarA BBFC foi instaurada en 1912 como a British Board of Film Censors pola industria cinematográfica (quen preferiría rexentar a súa propia censura que ter un goberno local ou nacional que o fixese por eles). As bases legais sobre as cales operaba, eran as da Lei do cinematógrafo de 1909, que requiría que os cinemas fosen autorizados por autoridades locais. A Lei foi posta en práctica de acordo ás inquedanzas sobre seguridade, consecuentes de varios incendios en escenarios non axeitados. Isto determinou que o criterio para conceder ou rexeitar un permiso, non había que ser restrinxido por cuestións de saúde e seguridade. Dado que a lei agora permitía concilios para conferir ou negar licenzas ós cinemas segundo o contido dos filmes, puxeron en evidencia que a Lei 1909 consecuentemente, habilitáballes a introdución de censura. A industria cinematográfica temeu polas consecuencias económicas dunha infraestrutura censuradora sen regulación. Por conseguinte estabeleceu a BBFC a fin de tomar o proceso 'internamente' e estabelecer o seu propio sistema de autorregulación.