Burnley F.C.
O Burnley Football Club, alcumado "The Clarets" polos seus seareiros, é un equipo de fútbol profesional da cidade de Burnley, Inglaterra. Foron membros fundadores da Football League en 1888. As cores do club son o granate e o azul, de onde procede o alcume do equipo (The Clarets, en referencia á cor viño ou cor granate), e o seu terreo de xogo como local dende 1883 Turf Moor.
Burnley | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Burnley Football Club | |||
Alcume(s) | The Clarets | |||
Fundación | 1882 | |||
Estadio | Turf Moor, Burnley, Inglaterra | |||
Inauguración | 1883 | |||
Capacidade | 22.546 | |||
Presidente | Mike Garlick John Banaszkiewicz | |||
Adestrador | Sean Dyche | |||
Liga | Premier League | |||
2019–20 | 10º | |||
Vestimenta | Erreà | |||
Patrocinador | Cooke | |||
Na rede | ||||
http://www.burnleyfootballclub.com/ | ||||
| ||||
O Burnley é posuidor de dous títulos de campionato de liga, 1920-21 e 1959-60, e unha FA Cup ou Copa de Inglaterra. Ademais, The Clarets conseguiron chegar aos cuartos de final da Copa de Europa en 1961. O Burnley é tamén un dos únicos tres equipos que conseguiron ser campións de cada unha das catro divisións profesionais do fútbol inglés. Os outros dous equipos son o Preston North End e o Wolverhampton Wanderers.
O club pasou gran parte da súa historia nas dúas primeiras divisións inglesas, aínda que permanecendo da máxima categoría dende 1976 a 2009. Dende 1985 a 1992 pasaron sete anos na categoría máis baixa da Football League, chegando incluso en 1987 a salvarse por pouco de descender das ligas profesionais inglesas. Porén, entre os anos 2000 e 2009 xogaron na segunda división, até acadar por primeira vez o ascenso á Premier League trinta e tres anos despois da última vez, logo de acadar a vitoria no play-off de ascenso a esta categoría. Despois de gañar os seus primeiros catro partidos como locais, son agora o equipo recentemente ascendido que máis partidos consecutivos gaña na casa, despois de bater o anterior récord de tres vitorias do Blackburn Rovers, equipo que é un dos maiores rivais do club.
Xogadores
editarCadro
editarCadro actualizado a 31 de xaneiro de 2017.
|
|
Récords de xogadores
editarEstatísticas a 7 de maio de 2016. Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Burnley. Na clasificación de máximos goleadores só se inclúen xogadores con máis de cen partidos no club.
Partidos xogados
editar# | Nome | Período | Aparicións | Goles |
---|---|---|---|---|
1 | Jerry Dawson | 1907–1928 | 522 | 0 |
2= | John Angus | 1950–1964 | 439 | 4 |
2= | Jimmy McIlroy | 1950–1963 | 439 | 116 |
4 | Alan Stevenson | 1971–1983 | 438 | 0 |
5 | Tommy Cummings | 1948–1963 | 434 | 3 |
6 | Jimmy Adamson | 1950–1964 | 426 | 17 |
7 | Martin Dobson | 1967–1974/1979–1984 | 410 | 63 |
8 | Fred Barron | 1898–1911 | 400 | 13 |
9 | Brian Miller | 1955–1966 | 379 | 29 |
10 | George Waterfield | 1923–1935 | 371 | 5 |
Máximos goleadores
editar# | Nome | Período | Goles | Aparicións | Goles por partido |
---|---|---|---|---|---|
1 | George Beel | 1923–1932 | 178 | 316 | 0.563 |
2 | Ray Pointer | 1957–1965 | 118 | 223 | 0.529 |
3 | Jimmy McIlroy | 1950–1963 | 116 | 439 | 0.264 |
4 | Louis Page | 1925–1931 | 111 | 248 | 0.448 |
5 | Bert Freeman | 1911–1921 | 103 | 166 | 0.62 |
6 | Andy Lochhead | 1960–1969 | 101 | 226 | 0.447 |
7 | Bob Kelly | 1913–1925 | 88 | 227 | 0.388 |
8 | John Connelly | 1956–1964 | 86 | 215 | 0.4 |
9= | Jimmy Robson | 1956–1965 | 79 | 202 | 0.391 |
9= | Billy Bowes | 1890–1901 | 79 | 269 | 0.294 |
Palmarés
editarNacional
editarLiga
editar- First Division (actual Premier League): 2
- Second Division: 2
- Third Division: 1
- Fourth Division: 1