Cálculo renal
A doenza de cálculos renais, tamén coñecida como pedras nos riles, nefrolitiase ou urolitiase, prodúcese cando se forma unha peza sólida de material (chamada "cálculo", do latín calculus, pedra)[1][2] no ril ou na vexiga. A partir de aí, a maioría viaxa polas vías urinarias.[3] As pedras nos riles normalmente fórmanse no ril e abandonan o corpo durante a micción.[3] Unha pequena pedra pode pasar sen causar síntomas (90% ou máis) dentro de 3 meses.[3] Se unha pedra crece máis de 5mm (0'2 in) pode causar o bloqueo do uréter que provoca dor intensa na parte baixa das costas ou no abdome.[3] Un cálculo renal de 1 cm ou máis non pode pasar por si só e require cirurxía.
Cálculo renal | |
---|---|
Localización habitual da dor causada por pedras nos riles | |
Sinónimos | Pedras nos riles, nefrolitiase, litiase renal |
Especialidade | Uroloxía, nefroloxía |
Síntomas | Dolor severo no flanco e na rexión lumbar, dor ao ouriñar, sangue nos ouriños, náuseas, vómitos |
Complicacións | Infección do tracto urinario, dano renal |
Inicio habitual | Pode variar |
Duración | Até que a pedra sexa expulsada ou extraída |
Tipos | Cálculos de oxalato de calcio, cálculos de estruvita, cálculos de ácido úrico, cálculos de cistina |
Causas | Concentracións elevadas de certas substancias nos ouriños |
Factores de risco | Deshidratación, obesidade, alimentación rica en proteínas, sales e azucre, antecedentes familiares |
Diagnóstico | Análise de ouriños, ultrasonografía, tomografía computada |
Prevención | Beber moita auga, reducir o consumo de sal e proteínas |
Tratamento | Medicación para aliviar a dor, procedementos para fragmentar ou remover as pedras |
Medicación | Analxésicos, medicamentos para axudar a expulsar as pedras, antibióticos se hai infección |
Prognose | Boa, a maioría das persoas recupéranse sen dano permanente |
Frecuencia | Común |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A doenza de cálculos renais, tamén coñecida como pedras nos riles, nefrolitiase ou urolitiase, prodúcese cando se forma unha peza sólida de material (chamada "cálculo", do latín calculus, pedra)[4][5] no ril ou na vexiga. A partir de aí, a maioría viaxa polas vías urinarias.[3]
Formación
editarAs pedras nos riles normalmente fórmanse no ril e abandonan o corpo durante a micción.[3] Unha pequena pedra pode pasar sen causar síntomas (90% ou máis) dentro de 3 meses.[3]
Se unha pedra crece máis de 5mm (0'2 in) pode causar o bloqueo do uréter que provoca dor intensa na parte baixa das costas ou no abdome.[3]
Un cálculo renal de 1 cm ou máis non pode pasar por si só e require cirurxía.
Cólicos
editarO nome médico para a dor de pedras nos riles é cólico renal. Unha pedra tamén pode provocar sangue na urina, vómitos ou micción dolorosa (disuria).[3] Ao redor do 50% das persoas que teñen pedras nos riles terán outro dentro de 5 anos, especialmente se teñen menos de 25 anos.
Historia
editarA historia dos cálculos renais remóntase a miles de anos. A primeira cirurxía documentada para tratar pedras data do século VIII a. C., cando o cirurxián indio Súshruta describeu procedementos detallados para a extracción de cálculos urinarios.[6]
Durante a Idade Media europea, os cirurxiáns especializados, chamados litotomistas ('lithotomists'),[7] viaxaban de cidade en cidade para realizar cirurxías para retirar pedras, a miúdo con grandes riscos e sen anestesia.
A cirurxía moderna para tratar os cálculos renais desenvolveuse moito no último medio século, con técnicas como a litotricia por ondas de choque e a ureteroscopia, que ofrecen tratamentos menos invasivos e con menor tempo de recuperación.
Sábese que as pedras nos riles e na vexiga poden chegar a ser mortais, e especúlase que Leopold Mozart (o pai de W. A. Mozart) e Oliver Cromwell faleceron por complicacións cos cálculos renais. Hai relatos sobre outros personaxes históricos diversos que padeceron pedras nos riles, como Benjamin Franklin, Isaac Newton, Napoleón III ou o tsar Pedro o Grande.[8]
Prevención
editarA prevención dos cálculos céntrase en cambios no estilo de vida e na dieta para minimizar os riscos. Recoméndase aumentar a inxesta de líquidos, especialmente auga, para producir polo menos 2 l de urina ao día, o que axuda a diluír as substancias que poden formar pedras. Limitar a inxesta de sal e proteínas animais tamén reduce a probabilidade de formación de cálculos de oxalato de calcio (os máis comúns). Evitar alimentos ricos en oxalato, como espinacas, remolacha, froitos secos etc., tamén pode ser beneficioso. Finalmente, o consumo moderado de calcio a través da dieta (non mediante suplementos) pode axudar a reducir a formación de pedras, xa que o calcio dietético axuda a ligar o oxalato no intestino, impedindo a súa absorción e acumulación no ril.[9]
Notas
editar- ↑ A etimoloxía do "cálculo" alxebraico remite á mesma orixe latina, polas pedriñas dos ábacos. Outras palabras como cal ou calcio, teñen un posíbel vínculo etimolóxico, ao derivar das raíces proto-indoeuropeas *kel- e *kalk-, asociadas con 'material duro'. Estas raíces tamén están conceptualmente relacionadas con termos para pedras ou cascallo, como a palabra grega 'khalix'.
- ↑ "calculus". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Kidney Stones - NIDDK". National Institute of Diabetes and Digestive and Kidney Diseases (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
- ↑ A etimoloxía do "cálculo" alxebraico remite á mesma orixe latina, polas pedriñas dos ábacos. Outras palabras como cal ou calcio, teñen un posíbel vínculo etimolóxico, ao derivar das raíces proto-indoeuropeas *kel- e *kalk-, asociadas con 'material duro'. Estas raíces tamén están conceptualmente relacionadas con termos para pedras ou cascallo, como a palabra grega 'khalix'.
- ↑ "calculus". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
- ↑ "History, epidemiology and regional diversities of urolithiasis". pmc.ncbi.nlm.nih.gov (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2024.
- ↑ Davidson, Fiona (2016-11). "Lithotomists, cataract-curers, and hernia-carvers: The Surgical School of Preci". Journal of Medical Biography 24 (4): 440–452. ISSN 1758-1087. PMID 26169130. doi:10.1177/0967772015578576.
- ↑ Nguyen, Dr Mike (2012-03-03). "13 Famous Kidney Stoners - Celebrities with Stones - KidneyStoners.org" (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
- ↑ "KIDNEY STONES: AN UPDATE ON CURRENT PHARMACOLOGICAL MANAGEMENT AND FUTURE DIRECTIONS". pmc.ncbi.nlm.nih.gov (en inglés).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cálculo renal |
Outros artigos
editar Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |