Céspede
O céspede, herba ou pasto é o nome dunha ducia de especies de gramíneas (familia Poaceae) que medran formando unha cuberta densa. Utilízanse como plantas ornamentais en prados e xardíns ou como terreo para a práctica de diversos deportes e actividades recreativas.
Subtipos de céspede
editarEntre as máis frecuentes atópanse:
- En climas tépedos e húmidos:
- Agrostis stolonifera: céspede de Cumberland.
- Agrostis curtissi: pelo de raposo, leiburiño[1]
- Agrostis tenuis: agróstide común.
- Armeria maritima: herba de namorar.
- Festuca arundinaceae: festuca alta.
- Festuca rubra: en particular a subespecie festuca rubra subsp. conmutata: festuca vermella.
- Lolium perenne: ballico[2].
- Lolium multiflorum, herba de Vigo[3].
- Lolium temulentum, xoio.
- Poa nemoralis: poa dos bosques.
- Poa pratensis: poa dos prados, pasto azul de Kentucky ou grama de prados.
- Poa trivialis: poa común.
- En climas secos ou subtropicales:
- Cynodon dactylon: grama, coca, cerreña[4].
- Stenotaphrum secundatum: gramón[5].
- Paspalum notatum: herba baía ou céspede baía.
- Pennisetum clandestinum: kikuyo ou céspede africano.
- Zoysia japonica:
- Axonopus compressus: 'grama' brasileira.
- Agropyrum repens, Triticum repens: Grama francesa ou grama canina[6].
- Agropyrum junceun, Triticum junceum, Elymus farctu: grama mariña[5].
- Anthoxanthum odoratum, lesta[7].
- Elymus repens, rengo, grama francesa[1].
Céspede nos deportes
editarO céspede é moi importante en moitas competicións deportivas; cabería destacar aquelas que se celebran en recintos abertos, ao aire libre. Particularmente o céspede é o elemento utilizado no deporte máis seguido do mundo, o fútbol; o céspede natural é o elemento que se esixe por parte da FIFA e a UEFA en todos os estadios onde se celebren eventos deportivos adscritos a elas. Ademais é fundamental en deportes tan coñecidos como o rugby, o golf, o béisbol, o hockey sobre céspede, ou o tenis, onde actualmente dispútase nesta superficie o torneo máis importante e prestixioso: o Torneo de Wimbledon.
Galería
editar-
Un céspede ben podado en Bristol.
-
Herbas altas crecendo salvaxes en Lyme Park.
-
Nalgúns lugares, mesmo pequenas áreas de pasto son valiosas para a alimentación animal. (Alpes suízos).
-
A herba ten un importante papel na agricultura.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004
- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004
- ↑ Nomenclatura vernácula da flora vascular galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ 5,0 5,1 Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
- ↑ Nomenclatura vernácula da flora vascular galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991
- ↑ Diccionario Cumio da lingua galega. Vigo, Ed. do Cumio, 1999. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004