O Club Bàsquet Prat é un club de baloncesto español con sede na cidade de El Prat de Llobregat, Cataluña. Forma parte da Federación Catalana de Baloncesto e da Federación Española de Baloncesto. Desenvolve a súa actividade nas instalacións municipais do Complexo Poliesportivo Estruch, onde se atopa o Pavillón Joan Busquets e nas instalacións do Fondo d'en Peixo onde se atopa a cancha de baloncesto Xavier Marcilla. Desde 2018 xestiona unha Escola de Baloncesto. O primeiro equipo actualmente compite na Liga LEB Prata.

C.B. Prat
Información xeral
Nome Club Bàsquet Prat
Liga LEB Prata
Fundación 1951
Cores           Branco, azul
Presidente Arseni Conde
Adestrador Josep Maria Berrocal
Vestimenta Wibo
Localización
Cidade España El Prat, España
Pavillón Joan Busquets
Capacidade 500
Campionatos
Copa LEB Prata 1 (2014)
cbprat.cat

Historia

editar

Fundado en 1951, o Club Bàsquet Prat naceu como unha división da sección de baloncesto da Juventud Asociación de Padres de Familia Prat (JAPF Prat), a cal existía desde 1943. Na temporada 1953−54 comezou participación en categorías rexionais catalás, conseguindo en 1961−62 o ascenso á segunda división estatal. Na segunda categoría xogou por tres tempadas, en todas tendo que xogar o playoff pola permanencia. Entre finais dos anos 1960 e 1976 xogou na terceira división para, posteriormente, descender a categorías rexionais.

No ano 1984 o club crea unha sección feminina. En 1988 e deixa as instalación de Fons d'en Peixo para trasladarse ao pavillón deportivo Estruch. En 1992, o club asumiu a dirección da Escola Municipal de Baloncesto. Tres anos despois, en 1995, o club fusionouse coa sección de baloncesto da Associació Esportiva Prat. Na temporada 1998−99 o club regresa a categorías estatais co ascensos á Liga EBA, chegando a xogar os playoff de ascenso para a Liga LEB en 2002 e 2003.

En 2005 o club pasa a vincularse ao Club Joventut de Badalona da Liga ACB, momento no que o equipo consegue ascender á LEB Prata, terceira categoría do baloncesto español. Após varios anos, o 25 de maio de 2014 o club consegue pro vez primeira na súa historia o ascenso á Liga LEB Ouro, chegando a disputar na temporada 2017−18 as semifinais do playoff de ascenso á Liga ACB, onde foron eliminados no quinto e definitivo xogo polo Melilla Baloncesto. Con todo, na seguinte temporada o club ocupa o posto 17 da clasificación e descende, despois de cinco temporadas, á LEB Prata.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 1
mac 1
os 14
todo 2
web 1