Cabo de Fornos[1] é o nome que recibe o cabo máis meridional da illa de Fornos e do arquipélago de Terra do Lume, na zona austral de Chile, tradicionalmente considerado como o punto máis meridional de América —aínda que, en realidade, este corresponde ao illote Aguia no arquipélago das illas Diego Ramírez. É o máis austral dos tres grandes cabos do hemisferio sur do planeta e marca o límite norte do pasaxe de Drake, que separa a América da Antártica ou Antártida, e une o océano Pacífico co océano Atlántico.

Modelo:Xeografía físicaCabo de Fornos
Imaxe
Tipocabo Editar o valor en Wikidata
EpónimoHoorn Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica Editar o valor en Wikidata
División administrativaRexión de Magallanes e da Antártica Chilena, Cabo de Hornos, Chile e Provincia Antártica Chilena Editar o valor en Wikidata
Mapa
 55°58′48″S 67°17′21″O / -55.98, -67.2891667
Bañado porPasaxe de Drake Editar o valor en Wikidata

Durante moitos anos, o cabo de Fornos foi un dos fitos das rutas comerciais de navegación de embarcacións a vela, a pesar de que as augas en torno ao cabo son particularmente perigosas, debido aos seus fortes ventos e ondada e a presenza de icebergs. Con todo, coa apertura da canle de Panamá e a construción de estradas e ferrocarrís noutros países do continente, a navegación mercante ao redor do cabo reduciuse notablemente, sendo utilizado na actualidade só por naves cuxo gran tamaño lles impide o paso pola canle, como portaavións ou petroleiros.

Navegar nas súas augas aínda está considerado como un dos maiores retos náuticos, polo que existen diversos eventos deportivos e turísticos que utilizan este paso, algúns como parte da circunnavegación ao globo, entre os que destacan importantes regatas de iates, como o Vendée Globe.

Xeografía

editar
 
Cabo de Fornos visto desde o espazo na esquina inferior dereita, xunto ás Illas L'Hermite ao centro.

O cabo de Fornos é o punto máis austral da terra asociada tradicionalmente a Suramérica. Sitúase na costa da illa de Fornos, a cal é parte das illas Hermite no extremo meridional do arquipélago de Terra do Lume.[2][3] O cabo de Fornos marca o límite norte do Paso Drake, o mar que separa Suramérica da Antártida. Á vez, o meridiano que marca a división xeodésica entre os océanos Pacífico e Atlántico parte desde o cabo de Fornos cara ao océano Glacial Antártico.[4]

O nome de cabo de Fornos provén do neerlandés Kaap Hoorn en honra á cidade holandesa de Hoorn ou quizais, pola súa forma de corno, pois en neerlandés hoorn significa corno; nun caso típico de falsos amigos, o nome foi tomado en español como «cabo de Fornos» confundindo a denominación da cidade ou o nome de hoorn coa do termo «forno», no canto de «corno».[5]

O cabo é considerado normalmente como o extremo sur de América do Sur, o que rigorosamente non é certo. O cabo de Fornos é o extremo meridional da illa Fornos que é a máis austral do arquipélago das illas L'Hermite, parte das illas Wollaston e do arquipélago de Terra do Lume.[6] O punto máis austral do continente en si é o cabo Froward. Máis aínda, si considerásemos as illas como parte integral do continente, cabo de Fornos tampouco sería o punto máis austral, título que recibirían as illas Diego Ramírez; aínda que estas están notablemente separadas do arquipélago fueguino.

A 56 quilómetros ao noroeste atópase o chamado «Falso cabo de Fornos» na illa Hoste; o seu nome débese á frecuente confusión que provocaba nos mariños que viñan do poñente pois ten unha configuración similar ao do cabo real.[7]

O terreo carece por completo de árbores e está cuberto por herba debido ás frecuentes precipitacións. A zona do cabo de Fornos está ademais sometida aos efectos dos raios ultravioleta que atravesan o buraco sobre a capa de ozono que cobre principalmente o extremo sur do planeta.

 
Vista do cabo de Fornos, desde o lugar onde se sitúan o chamado Faro Monumental de Fornos, un monumento aos mariños oceánicos e un punto de observación da Mariña Chilena, na illa de Fornos.
  1. "Fornos, cabo de". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 929. 
  2. Cape Horn the Terrible Arquivado 18 de marzo de 2011 en Wayback Machine., por Paolo Venanzangel en Nautical Web.
  3. Mapa de las Islas Wollaston, por Mariolina Rolfo y Giorgio Ardrizzi en Patagonia and Tierra del Fuego Nautical Guide, Editrice Incontri Nautici, 2004.
  4. Limits of Oceans and Seas Arquivado 08 de novembro de 2006 en Wayback Machine..
  5. Perilous Cape Horn, por P.J. Gladnick en eSsortment, 2002.
  6. Journeys in Time: Places Arquivado 24 de agosto de 2006 en Wayback Machine., por Macquarie University Library, 2004.
  7. Cape Horn Arquivado 22 de agosto de 2006 en Wayback Machine., por Victory Cruises, 2005.
  NODES
admin 1
todo 2