Unha cadeira de rodas[1] é unha cadeira montada sobre rodas que é utilizada por persoas con dificultades motrices, podendo ser movida manual ou electronicamente polo ocupante ou empurrada por alguén. Por ser amplamente utilizada por persoas con discapacidade física, é tamén utilizada como símbolo que indica acceso a persoas con necesidades especiais. Despois de fabricadas, moitas cadeiras de rodas pasan por terapeutas ocupacionais para seren adaptadas ao usuario.[2]

Cadeira de rodas
Cadeira de rodas do NTSB
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Historia

editar

A primeira cadeira de rodas documentada foi feita para Filipe de Habsburgo, rei da Unión Ibérica, no século XVI, cando sufría de problemas de mobilidade debidos á gota e artrose.[3] Este dispositivo, denominado en castelán silla de un inválido, era unha cadeira de brazos con rodas e un repousapés que facilitaba o desprazamento do monarca.

Co paso dos séculos, o deseño das cadeiras de rodas foi evolucionando para ofrecer mellor soporte e mobilidade aos usuarios. A primeira patente moderna foi rexistrada en 1869.[3]

Na actualidade, as cadeiras de rodas adaptáronse para acomodar diversas necesidades e actividades, como é o caso das cadeiras de rodas deportivas, eléctricas ou as deseñadas especificamente para nenos.[4]

Tipos de cadeiras de rodas

editar

Existen diferentes tipos de cadeiras de rodas, deseñadas para satisfacer diversas necesidades dos usuarios. Entre elas atopamos:

  • Cadeiras de rodas manuais: Requiren que o usuario mova a cadeira empuxando as rodas ou que sexa empurrada por outra persoa.
  • Cadeiras de rodas eléctricas: Equipadas con motores eléctricos para proporcionar mobilidade sen esforzo físico por parte do usuario.
  • Cadeiras de rodas deportivas: Deseñadas para actividades deportivas como o baloncesto en cadeira de rodas ou a esgrima en cadeira de rodas.
  • Cadeiras de rodas pediátricas: Adaptadas para satisfacer as necesidades dos nenos en crecemento.
  • Cadeira de rodas movida por ondas cerebrais: En 2017, foi presentada na Coruña unha cadeira de rodas guiada por ondas cerebrais, desenvolvida pola start-up galega Handytronic.[5][6]

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cadeira.
  2. Cooper, Rory A.; Ohnabe, Hisaichi; Hobson, Douglas A., eds. (2007). An introduction to rehabilitation engineering. Series in medical physics and biomedical engineering. Nova York: Taylor & Francis. ISBN 978-0-8493-7222-3. 
  3. 3,0 3,1 "Cinco inventos de la medicina españoles que no sabías que lo eran". Lois Balado - LVG (en castelán). 2023-10-12. Consultado o 2023-10-12. 
  4. "History of the wheelchair; Mobility, Inventions & Accessibility". www.Britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-10-12. 
  5. Redacción (2017-11-29). "Presentan na Coruña unha cadeira de rodas guiada por ondas cerebrais". GCiencia. Consultado o 2023-10-12. 
  6. "Crean en Galicia unha cadeira de rodas guiada por ondas cerebrais". LVG. 2017-11-29. Consultado o 2023-10-12. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

  NODES
todo 1