Califa (do árabe خليف halif, "sucesor") foi ou título que os líderes do islam usaron por varios séculos despois da morte de Mahoma.

Cando Mahoma morreu no ano 632 non deixou ningunha regra para o futuro goberno da comunidade musulmá. Foi entón elixido o seu sogro Abu Bakr al-Siddiq co título de halífatu Rasuli.llah (خليفة رسول الله, sucesor do Mensaxeiro de Deus). Despois, todos os sucesivos gobernantes, empezando por Umar ibn al-Khattab, foron chamados califas.

Os califas eran á vez xefes políticos e relixiosos. Como relixiosos non tiñan poder para prescribir ningún dogma pois se consideraba que a revelación divina fora completada e posta de manifesto a través de Mahoma. Non había nada que engadir. O territorio que estaba baixo a xurisdición dun califa chamouse desde entón califato.

Segundo o pensamento dos sunnitas, os catro primeiros califas do mundo islámico constituíron unha idade de ouro e foron chamados os "ben guiados" ou "catro califas xustos". Ademais impuxeron unhas esixencias para acceder ao califato:

  • O califa debía ser un árabe e pertencer á tribo Quraxita (á que pertencía Mahoma).
  • Un consello de anciáns que representase á comunidade islámica elixiría ao sucesor.
  • O califa tiña como misión a difusión do islam.

Segundo o pensamento dos xiítas, o propio Mahoma designara un sucesor antes de morrer. Este sucesor era o seu xenro Ali ibn Abi Talib, casado coa súa filla Fátima. Alí e os seus sucesores serían pois para os xiítas os lexítimos califas.

Califatos do islam

editar

Xurdiron ou creáronse os seguintes califatos, ata o seu abolición en 1924.

Véxase tamén

editar
  NODES
iOS 3
os 35
todo 3