Cambre
Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2019) ten 24.648 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Cambre | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.739 (2023) (603,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 41 km² | ||||
Altitude | 52 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Pan (2024–) | ||||
Eleccións municipais en Cambre | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15181, 15650, 15659, 15660, 15668, 15669 e 15679 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15017 | ||||
Sitio web | cambre.org |
O xentilicio é cambrés/-esa.[1]
Xeografía
editarO concello ten unha superficie de 40,7 km², e abrangue 12 parroquias. Forma parte da rexión histórica das Mariñas dos Freires, caracterizada por unha sucesión de áreas achanzadas con vales moi suaves, sendo a altitude máxima de 130 m. Pertence á zona de influencia marítima, se ben a única parroquia con costa é O Temple. Está atravesado de leste a oeste polo río Mero, que alimenta o encoro de Cecebre.
O municipio ten clima oceánico húmido, con temperaturas son suaves e precipitacións altas. A humidade relativa do aire é elevada, cun índice superior ao 75 %. A vexetación é hidrófila, con bosques e fragas de carballos, piñeiros e eucaliptos.
Integrado na Comarca da Coruña, sitúase a 16 km da capital coruñesa. O termo municipal está atravesado pola Autovía do Noroeste A-6 entre os pK 575 e 583, ademáis de pola Autopista do Atlántico AP-9, que une A Coruña con Portugal, pola estrada N-550, alternativa convencional á anterior, por la AC-214, que une a N-VI coa N-550, e por outras estradas locais que permiten a comunicación entre as parroquias. En canto á comunicación ferroviaria, o municipio conta con dous apeadoiros, un localizado na parroquia de Cambre e outro na de Cecebre; ambos situados na liña férrea de ancho ibérico que une León con A Coruña.[2][3]
Limita ó norte con Oleiros, ó noreste con Sada, ó leste con Bergondo e Abegondo, ó sur con Carral e ó oeste con Culleredo.
Demografía
editarCenso total 2019 | 24.648 habitantes |
---|---|
Menores de 16 anos | 3 639 (14,76 %) |
Entre 16 e 64 anos | 16 755 (66,98 %) |
Maiores de 65 anos | 4 254 (17,26 %) |
Evolución da poboación de Cambre Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.722 | 7.805 | 8.011 | 9.181 | 20.919 | 23.621 | 23.649 | 23.879 | 23.999 | 24.029 | 24.076 | 24.141 | 24.348 | 24.603 | 24.648 | 24.594 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarConsérvanse antas neolíticas nos límites co concello de Carral. Consérvase un petróglifo no castro de Sigrás. Tamén se conservan restos dos castros de Pravio, Armental, e Fraís, todos eles de tipoloxía clásica: construídos nun outeiro, cun poboado de casas circulares rodeado dun muro defensivo. Posiblemente o concello, actual vía de paso da ruta inglesa do camiño de Santiago, xa fose percorrido por unha antiga vía romana que unía A Coruña e Betanzos.
Cultura e deporte
editarTopónimo
editarO topónimo da vila que dá nome ao concello, Cambre, podería ser prerromano e terse orixinado antes do século III. O seu significado referiríase a unha poboación ligada a unha altura, unha fortificación ou a un límite entre territorios.[4][5][6]
Patrimonio
editarPatrimonio arquitectónico
editar- Vila romana de Cambre.
- Igrexa de Santa María de Cambre: monumento do século XII.
- Tramo do Camiño Inglés (Camiño de Santiago).
- Museo Arqueolóxico (cos restos da Vila romana de Cambre e o seu centro de interpretación).
- Villa Florentina, actual casa museo de Wenceslao Fernández Flórez, situada en San Salvador de Cecebre e dirixida pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
- A escultura de O Paraugas, construida entre 1945 e 1949, e situado nunha rotonda no Temple preto da ponte medieval do Burgo.[7]En 2014, no marco de obras realizadas pola Xunta de Galicia para mellorar a seguridade vial, a escultura tivo que ser demolida (pois no puido ser conservada debido ó seu mal estado de conservación), para ser posteriormente substutuída por unha réplica realizada en materiais máis resistentes á degradación.[8]
- Casa Arrigada, casa modernista de 1912 da que se descoñece o arquitecto. Describe unha planta rectangular con planta baixa e dous andares. A fábrica é de cemento revocado e está pintada de verde e ocre. Os balcóns e cornixas aparecen finamente decorados: os motivos fundamentais son habituais do modernismo a saber, naturais (exaltación da natureza), musicais e figuras alegóricas.[9] Actualmente funciona como Casa da Xuventude e unha das sedes da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).[10]
Patrimonio natural
editar- Contorno do río Mero.
- Encoro de Cecebre, que é unha zona especial de conservación (ZEC). Construiuse en 1975 na confluencia entre o Río Mero e o Río Barcés.
- Paisaxes que se estenden entre Cecebre e Bribes, que coas súas fragas inspiraron ó escritor, periodista e humorista coruñés Wenceslao Fernández Flórez a escribir a famosa novela El bosque animado (1943), que inspirou á súa vez a varias películas de título homónimo como a de José Luis Cuerda de 1987 (El bosque animado) e a de animación de Ángel de la Cruz e Manolo Gómez de 2001 (O bosque animado).
Deporte
editarOs equipos deportivos máis destacados son o Sporting Cambre S.D.C.R, o Club Ciclista de Cambre, o Brexo-Lema S.D., Once Caballeros C.F. do Temple, Club Baloncesto Cambre, Towers Football, Hockey Club Cambre, entre outros.[11]
Administración e política
editarEleccións municipais 2023
editarO Pleno de Cambre consta de 21 escanos. Nas pasadas eleccións municipais celebradas o 28 de maio de 2023 a forza máis votada foi Unión por Cambre (UxC), que obtivo 3370 votos e 7 concelleiros. Ademáis de UxC obtiveron representación o Partido Popular de Galicia (PPdeG) (2423 votos, 5 concelleiros), Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) (1728 votos, 4 concelleiros), Bloque Nacionalista Galego (BNG) (1492 votos, 3 concelleiros) e Alternativa dos Veciños (AV) (1182 votos, 2 concelleiros).[12] Nestas eleccións quedaron sen representación VOX (426 votos), Unidade Local (405 votos), Podemos (170 votos), Ciudadanos (168 votos) e AEQUALITATEM (16 votos).[13]
Na actualidade, o partido que governa é UxC, sendo a alcaldesa María Pan[14], quen tomou o cargo tras a dimisión do alcalde electo, do mesmo partido, Óscar García Patiño.[15]
Parroquias
editarLugares de Cambre
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambre vexa: Lugares de Cambre.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Cambre.
-
Ponte da ría do Burgo.
-
Paseo marítimo.
-
Muller mariscadora,
obra de Xabier Correa Corredoira. -
O Paraugas, escultura ó lado da ponte do Burgo.
-
Placa altimétrica
na Casa do Concello. -
Casa do concello de Cambre
-
Igrexa de Santa María de Cambre,
fachada. -
Igrexa de Sa. Ma. de Cambre,
vista posterior. -
Igrexa de Sa. Ma. de Cambre,
tímpano da fachada.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Cambre (Apt.-Cgd.)". EuroFerroviario. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Cecebre (Apd.)". EuroFerroviario. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2.
- ↑ Búa Carballo, J. C.; Lois Silva, S. (1994-1995). "Los topónimos gallegos en -bre de orígen prerromano". Beiträge zur namenforschung. Neue Folge (Heidelberg) (Band 29/30): 13–41.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
- ↑ "O Paraugas". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10.
- ↑ Barro, Pablo (2014-05-03). "El paraguas se pliega". La Voz de Galicia (en Castelán). Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Vilas Quintas". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10.
- ↑ Bravo, Isabel (2020-11-20). "La Casa Arrigada de Cambre se convierte en Casa da Xuventude". Cadena SER (en Castelán). Consultado o 2024-12-10.
- ↑ "Asociacións deportivas". Concello de Cambre. Consultado o 2024-12-10.
- ↑ Echave, Víctor; Vázquez, Sara (2023-05-28). "Resultados elecciones municipales en Cambre 2023: Patiño se mantiene como el más votado" [Resultados eleccións municipais en Cambre 2023: Patiño mantense coma o máis votado]. La Opinión A Coruña (en Castelán). Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Resultado elecciones Municipales en Cambre, (UXC) gana: última hora con el 100.0% escrutado". La Vanguardia (en Castelán). Consultado o 2024-12-10.
- ↑ Silva, Toni (2024-03-23). "María Pan, nueva alcaldesa de Cambre" [María Pan, nova alcaldesa de Cambre]. La Voz de Galicia (en Castelán). Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Mosquera, Marcos; Vázquez, Sara; Villar, Marta (2024-03-07). "El alcalde de Cambre dimite por el bloqueo administrativo y de pagos del Concello" [O alcalde de Cambre dimite polo bloqueo administrativo e de pagos do Concello]. La Opinión A Coruña (en Castelán). Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cambre |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fondo de fotografía histórica. Fototeca do Concello de Cambre Arquivado 02 de xullo de 2011 en Wayback Machine.