Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007 é o campionato anual número 58 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 17 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 18 de marzo, estando prevista a finalización para o 21 de outubro. Nel se outorgarán o 58º título de Campión Mundial de Pilotos e o 49º título de Campión Mundial de Construtores.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 26 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 18 de marzo de 2007 – 21 de outubro de 2007 |
Número de edición | 58 (2007) |
Competición | |
Campionato do Mundo de Construtores | Scuderia Ferrari |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Kimi Räikkönen |
Datos estatísticos | |
Carreires | 17 |
Datos xerais
editarEste ano está marcado por varios sucesos extradeportivos que foron xurdiron ó longo da tempada, comezando porque é a derradeira tempada no que estará vixente o Pacto da Concordia firmado en 1998 por Bernie Ecclestone, a FIA e os construtores de monoprazas. Por outro lado, a polémica da espionaxe entre McLaren e Ferrari ameaza con ter consecuencias nefastas para o equipo inglés, se o recurso da escudería do cabalino rampante ante o Tribunal de Apelación da FIA prospera. Porén, esta non sería a única polémica para McLaren, xa que a comezos de agosto, confirmouse o que xa era un segredo a voces: as malas relacións entre os seus pilotos, o bicampión defensor do título de pilotos Fernando Alonso e o primeiro piloto de raza negra da historia da competición e actual líder da clasificación sendo un debutante, Lewis Hamilton.
Moitos cambios viñeron nesta tempada en comparación coa anterior: desaparecía o Gran Premio de Alemaña que se disputaba inenterrumpidamente dende case fai 50 anos e o Gran Premio do Xapón pasou a disputarse no Fiji Speedway dende o Circuíto de Suzuka; dende 1986 non se podía atopar un motor Cosworth na grella, Michelin retiraba os seus pneumáticos da competición, e o Honda RA107 convertíase no primeiro monopraza dende a década dos 70 que estaba totalmente libre de publicidade[1]
Tests de pretempada
editarA pretempada comezaba no Circuíto de Cataluña o 28 de novembro de 2006, cando tódolos equipos agás Spyker F1 facían a súa primeira aparición nalgún dos catro días[2] que duraron os primeiros adestramentos libres con vistas cara ao 2007. Estas primeiras probas estiveron centradas en desenvolve-lo monopraza do ano vindeiro, e sobre todo, para os antigos equipos Michelin, adaptarse ós novos pneumáticos Bridgestone[2]. Houbo ausencias significativas, como as de Kimi Räikkönen e de Fernando Alonso, que aínda estaban baixo contrato con McLaren e Renault respectivamente, e a de Jenson Button, que tiña unha fractura nas súas costelas. No día 3 dos adestramentos, o ex-campión Mika Häkkinen foi o encargado de pilotar un dos monoprazas de McLaren[3].
Escuderías e pilotos
editarPresentación dos monoprazas
editarCalendario de Grandes Premios
editarResultados e clasificacións
editarGrandes Premios
editarResultados en cualificación
editar
|
Clasificación do Mundial de Pilotos
editar(Lenda)
Estatísticas do Mundial de PilotoseditarClasificación do Mundial de Construtoreseditar(Lenda)
|