Campionato Mundial de Turismos

O Campionato Mundial de Turismos (en inglés: World Touring Car Championship, e abreviadamente WTCC) é unha competición internacional de automobilismo disputada con automóbiles de turismo que está organizada pola Federación Internacional do Automóbil. Actualmente é a terceira competición de máis importancia organizada pola FIA, logo da Fórmula 1 e Fórmula E e do Campeinato do Mundo de Rally (WRC).

Modelo:Competición deportivaCampionato Mundial de Turismos
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiposerie de competición de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deportecarreira de turismos Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2005 – 2017 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfiawtcc.com Editar o valor en Wikidata

Carreira do ano 2006 en Curitiba.

Noss últimos anos, as marcas participantes neste campionato foron BMW, Chevrolet, Lada, SEAT e Honda. Os automóbiles teñen que ser do Segmento C ou D e deben cumprir coa homologación Super 2000.

A finais do ano 2013, Citroën anunciou que competiría na tempada 2014. Actualmente, o WTCC dispútano catro marcas de coche diferentes: Citroën co Citroën C-Elysée, Chevrolet co Chevrolet Cruze, Honda co seu Honda Civic IX e a marca rusa Lada co Lada Granta.

Historia

editar
 
Saída da carreira do Xapón de 2012.

O WTCC naceu no ano 1987 como unha competición concorrente ao Campionato Europeo de Turismos (ETCC) na que corrían automóbiles coa homologación Grupo A. O seu calendario constaba de carreiras de a-lo menos 500 km, entre elas as 24 Horas de Spa e os 1000 km de Bathurst. A competición converteuse en demasiado cara e desapareceu no mesmo ano da súa aparición.

Dende o ano 1993 até o ano 1995, dada a popularidade da categoría Superturismo, a FIA organizou a Copa Mundial de Turismos (en inglés: Touring Car World Cup), un evento anual para pilotos de turismos de competicións nacionais de turismos de todo o mundo. A edición 1996, que tería lugar en Österreichring, pero cancelouse.

Entre os anos 1995 e 1996, organizouse o Campionato Internacional de Turismos (International Touring Car Championship, en lingua inglesa), como evolución d Deutsche Tourenwagen Meisterschaft, categoría de turismos alemá que adquirira unha gran popularidade no continente europeo. Esta competición reunía aos diferentes corredores das categorías de turismos máis importantes de Europa. Ambas edicións quedaron en poder de pilotos alemáns, sendo Bernd Schneider o seu primeiro campón e Manuel Reuter o último en 1996. A suba dos custos de manutención dos vehículos, fixo que as principais marcas que corrían como Alfa Romeo, BMW ou Opel deixaran o campionato do 1997, deixando soamente a Mercedes-Benz, que cancelou todo. Anos máis adiante, o DTM renaceu no 2000 sendo bautizado como Deutsche Tourenwagen Masters.

No 2001, o ETCC reanudouse co apoio da FIA. Por petición dos fabricantes interesados, para a tempada 2005 converteuse nun campionato mundial e foi nomeado WTCC.

Circuítos

editar

Campións

editar
Ano Piloto Automóbil
1987   Roberto Ravaglia BMW M3
2005   Andy Priaulx BMW 320i
2006   Andy Priaulx BMW 320si
2007   Andy Priaulx BMW 320si
2008   Yvan Muller SEAT León TDI
2009   Gabriele Tarquini SEAT León TDI
2010   Yvan Muller Chevrolet Cruze
2011   Yvan Muller Chevrolet Cruze
2012   Robert Huff Chevrolet Cruze
2013   Yvan Muller Chevrolet Cruze
2014   José María López Citroën C-Elysée
2015 Disputándose

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
orte 1