Cancioneiro
Cancioneiro é o nome que se acostuma dar a calquera libro impreso ou manuscrito que conteña unha colección de cancións, e por extensión, ao rexistro sonoro destas cancións. Dependendo da época en que a música foi composta, os cancioneiros poden ser divididos entre medievais, renacentistas, románticos, contemporáneos etc.
Cancioneiros medievais
editarNo período trobadoresco a maior parte das poesías non era escrita, senón cantada, e de aí vén o nome "cantiga". As cantigas podían ser relixiosas (conservadas nos chamados "códices", v. Cantigas de Santa María) ou profanas.
Só a partir do final do século XIII, as cantigas profanas foron copiadas e coleccionadas en manuscritos chamados "cancioneiros". Os cancioneiros da época son escolmas dos catro xéneros do lirismo trobadoresco galaico-portugués: cantigas de amigo, cantigas de amor, cantigas de escarnio e cantigas de maldicir.
Tres deses libros chegaron até os días actuais:
- Foi copiado en Italia, no final do século XV, ou, inicios do século XVI, encontrándose depositado na Biblioteca do Vaticano, de onde deriva o nome polo cal é coñecido. Entre as súas 1205 cantigas, hai composicións de todos os xéneros.
- Tamén chamado Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, foi copiado en Italia (de onde deriva o nome) no final do século XV, ou, inicio do século XVI e foi despois adquirido en 1924 polo Estado Portugués e depositado na Biblioteca Nacional de Lisboa. Entre as súas 1664 cantigas, hai composicións de todos os xéneros.
- Compúxose nos fins do século XIII, durante o reinado de Afonso III. Encóntrase na Biblioteca da Ajuda, en Lisboa. Das súas 310 cantigas, case todas son de amor.
Cancioneiros renacentistas
editarActualmente coñécense os seguintes cancioneiros portugueses manuscritos (algúns atopados hai pouco tempo) con cancións ao estilo renacentista:
Tamén se coñecen cancioneiros casteláns do Renacemento:
Despois do século XVI, coa invención da imprenta, os cancioneiros manuscritos pasaron a ser cada vez mais raros, dando lugar a cancioneiros impresos.
Cancioneiros dos Séculos XVII e XVIII
editarDurante os séculos XVII, XVIII, e aínda na primeira metade do XIX, circularon unha gran cantidade de vilancicos de Nadal e Reis escritos en lingua galega. Tratábase de creacións en verso, en estrofas breves, musicadas, e cun certo aire popular, compostas normalmente por músicos de grande formación. As catedrais de Mondoñedo e Santiago de Compostela contaron cunha grande tradición no que respecta á elaboración destas panxoliñas, aninovos ...
Ademais, os vilancicos de Nadal e Reis escritos en galego traspasaron as fronteiras de Galiza, e eran cantadas en catedrais como a de Toledo ou Sevilla (o cal non é raro, se temos en conta que, durante estes anos, a curia hispalense contou cun gran número de bispos galegos).
Os principais cultivadores de nome coñecido foron Carlos Patiño, Frei Francisco de Santiago, Gabriel Díaz, Frei Xerónimo Gonçalves e Manuel Bravo de Velasco.
Cancioneiros contemporáneos galegos
editarOs cancioneiros contemporáneos xorden a finais do século XIX e principios do XX, nun contorno cultural europeo influenciado polo nacemento dos nacionalismos modernos. O seu obxectivo era o de estudar e pór en valor a música popular, que naqueles tempos amosaba os primeiros síntomas de desaparición, polo que os estudosos transcribían en partitura as melodías que ían recollendo dos informantes.
En Galicia, os primeiros cancioneiros tiñan carencias salientables: faltaban a procedencia das pezas, carecían de estudos lingüísticos axeitados e ofrecían unha única versión das pezas. A pesar disto, o seu valor resulta incalculable. Os cancioneiros aparecidos nas últimas décadas do século XX son estudos de maior rigor científico, aínda que veñen sendo substituídas por edicións sonoras.
Hai varios cancioneiros de gran transcendencia para a música galega:
- Cantigueiro popular de Marcial Valladares Núñez, con textos populares que os estudosos datan arredor de 1887, aínda que non se publicou até 1970 e que se considera como o precursor dos cancioneiros populares.
- Cantos y bailes populares de España: Galicia, de José Inzenga, publicado en 1888
- O arquivo de Perfecto Feijoo, actualmente no Museo de Pontevedra.
- Cancionero musical de Galicia, recollido por Casto Sampedro Folgar. O orixinal era de 1910, pero perdeuse e Filgueira Valverde publicou unha reconstrución en 1942. Está considerado como un dos máis importantes cancioneiros.
- Cancioneiro galego (1973), recollido por Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay. Téñase en conta que as cancións comezaron a recollerse nos anos 20.
- Mais modernamente, o Cancioneiro popular galego (1984-1995), de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, introduce o estudo da música popular galega na etnomusicoloxía moderna. Editada en sete volumes, inclúe unha escolma dos rexistros sonoros en sete casetes.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cancioneiro Popular Galego (Fundación Barrié)