Denomínanse cangrexos de río[1] aos crustáceos decápodos pertencentes ás superfamilias dos astacoideos e dos parastacoideos (dúas das cinco superfamilias da infraorde dos astacideos), caracterizados, entre outras cousas, por viviren en auga doce.

Cangrexos de río cocidos.

O estudo dos cangrexos de río denomínase astacoloxía.[2][3] E a súa cría en catividade con fins comerciais, astacicultura.[3]

Características

editar

As principais características dos astacoideos son:[4]

Gastronomía

editar

Os cangrexos de río cómense en todo o mundo. Como outros crustáceos comestíbeis, só se aproveita unha pequena parte do seu corpo. Nos pratos máis elaborados só se usa a cola. Noutras receitas cocíñanse enteiros, cocidos, á prancha ou á grella. As pinzas dos exemplares de maior tamaño ábrense normalmente para acceder á carne do seu interior. Tamén é frecuente chuchar as súas cabezas (o cefalotórax), xa que os condimentos e o sabor concéntranse na graxa do seu interior.

Un mito frecuente é que os cangrexos coa cola recta morreron antes de cocelos e non é seguro comelos. En realidade, os cangrexos mortos antes da cocción poden ter as colas rectas ou curvas, igual que os que estaban vivos, e poden comerse ben sen problemas. Os cangrexos que morreron antes da cocción poden comerse con seguridade se se mantiveron refrixerados e non levaban mortos demasiado tempo. Un indicador da comestibilidade dun cangrexo mellor que a cola recta é a propia carne da cola: se está branda adoita ser un indicio de que debe evitarse.[5]

En España o cangrexo de río consómese amplamente, sobre todo en Castela e Aragón. Pero as enfermidades, a sobrepesca, a introdución de especies exóticas e a contaminación ambiental en certas zonas levaron a un importante declive da poboación do cangrexo de río autóctono. Actualmente, ao ser unha especie protexida, non se pode consumir, polo que foi substituído na pesca e a cociña española por especies de augas quentes, máis resistentes e abundantes, como o cangrexo de río vermello, do que España é o terceiro produtor a nivel mundial.

Os cangrexos de río teñen un bo sabor e, ao fervelos, pasan dunha cor parda á avermellada, resultando moi atractivo na mesa. Adoita cociñarse, ademais de simplemente cocido, en sopas, guisos, etcétera.

  1. cangraxo de río no dicionario da RAG.
  2. Sociedad Española de Ciencias Forestales (2005). Diccionario forestal. Mundi-Prensa Libros. p. 106. ISBN 978-84-8476-189-1. 
  3. 3,0 3,1 Gran dicionario Xerais da lingua, volume I. Vigo: Xerais, 2009, ISBN 978-84-00-41071-1.
  4. Christoph Needon; Johannes Petermann; Peter Scheffel; Bernd Scheibe (1971). Plants and Animals (Pflanzen und Tiere). Leipzig: Urania Verlag. 
  5. "Scientist More Interested in Research than Crawfish Boils" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Idea 5
idea 5
todo 3