Canzorro

elemento arquitectónico

En arquitectura, denomínase canzorro á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza sen apoio inferior —de calquera material— que soporta os extremos dunha cuberta ou un lintel.[1][2]

Canzorro da igrexa de San Pedro de Ansemil.

Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a cornixa aproveitando a propia viga que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento soamente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans.

Outros significados e termos

editar

Tamén pode recibir o nome de modillón,[3] ou o máis xenérico de ménsula[4] cando non coincide co extremo dunha trabe.

É un dos principais elementos decorativos exteriores das igrexas na arquitectura románica.

O termo canzorro tamén se emprega como sinónimo de zapata ou zapatón, especialmente nas elevadas do chan.[2][5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canzorro.
  2. 2,0 2,1 "bUSCatermos; canzorro". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-08-27. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para modillón.
  4. "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2022-08-27. 
  5. "Macmillan-visualdictionary-construcion" (PDF). composicionarqdatos.files.wordpress.com. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar


----

 
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
iOS 2
mac 1
multimedia 1
os 33
todo 1
visual 1