O capitán Nemo (do latín nemo, "ninguén"), comandante do submarino Nautilus, é o principal antagonista da novela de Jules Verne Vinte mil leguas baixo o mar e un dos personaxes de A illa misteriosa.

Capitán Nemo
Personaxe de 20.000 leguas baixo o mar; A illa misteriosa

Nemo tocando o órgano, gravado de Alphonse Marie Adolphe de Neuville
Primeira aparición Vinte mil leguas baixo o mar
Última aparición A illa misteriosa
Causa/razón Morto por causas naturais
Creador(es) Jules Verne
Información
Nome orixinal Príncipe Dakkar
Alcume Nemo
Raza Humano
Sexo Masculino
Nacemento India
Falecemento Nautilus (cerca da illa misteriosa)
Especialidade Enxeñaría mariña; científico
Ocupación Capitán do Nautilus
Título Príncipe (anteriormente)
Equipamento Submarino Nautilus
Aliados Tripulación do Nautilus
Inimigos Imperio Británico
Familia Tipu Sahib (tío)
Pais Raxá de Bundelkund (pai)
Residencia Nautilus
Nacionalidade Indio
Ned Land á esquerda, o profesor Aronnax sentado e Conseil ao seu lado, a bordo do Nautilus. Gravado de 20000 leguas...
Gabinete do capitán Nemo na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae.

En Vinte mil leguas baixo o mar, Nemo, home culto e gran enxeñeiro, é un personaxe sombrío e misterioso que esconde a súa verdadeira identidade (xa que "nemo" significa ninguén en latín) Obsesionado por un misterio, que é desvelado até o final da novela, renunciou a vivir en sociedade e percorre os mares con afán de investigación científica (as exploracións do submarino Nautilus), de xustiza (axuda aos revolucionarios gregos na súa loita pola emancipación de Turquía), e de vinganza (dedicado ao afundimento de barcos que levan a bandeira de Inglaterra).

O personaxe foi traído de volta na serie de banda deseñada de Alan Moore The League of Extraordinary Gentlemen, e na súa adaptación cinematográfica.

Identidade do personaxe

editar

Relación cun personaxe histórico

editar

O misterio da identidade de Nemo (Ninguén en latín) revélase en A illa misteriosa: o capitán é en realidade o príncipe Dakkar, fillo dun raxá indio e sobriño de Tipu Sahib, un personaxe histórico real. O ficticio capitán é un agonista de educación europea, pero fiel ás súas raíces indias, alberga un odio feroz a Inglaterra, que escravizou ao seu pobo e asasinou a súa muller e os seus fillos. Despois de A rebelión da India (1857), decidiu construír en segredo o submarino Nautilus, que deseñara para expedicións científicas, nunha illa deserta. Dende entón percorreu os mares cunha tripulación de distintos países, que lle gardaron unha fidelidade absoluta. Morre por causas naturais na súa vellez dentro do Nautilus que se converte na súa tumba en A Illa Misteriosa.

Relación con Galiza

editar

Verne establece unha ligazón directa entre o Nemo e a ría de Vigo, onde garda o seu tesouro. No libro, o Nautilus visita a ría para recoller os tesouros de barcos afundidos a raíz da batalla de Rande de 1702. Esta batalla tivo lugar cando unha frota hispano-francesa que transportaba mercadorías e metais prezados de América foi atacada por forzas anglo-holandesas.[1]

A lenda do Capitán Nemo e a súa conexión con Galiza perdura grazas á mestura de feitos históricos e ficción literaria. Varios medios galegos establecen ligazóns entre o misterioso capitán e o país galego. En particular, insinúase a posibilidade de que Verne puidese terse inspirado nunha persoa real da Coruña para o seu personaxe.[2] Unha exposición no Aquarium Finisterrae coruñés destacou esta teoría, suxerindo que o camareiro local Santiago López puido ter compartido información con Verne sobre un capitán local que sabía moito sobre submarinos, posibelmente influenciando a creación do Capitán Nemo.[3]

En 2004, Verne foi homenaxeado na ría de Vigo cunha estatua do capitán Nemo. A escultura está feita en bronce envellecido e só se poden observar os mergulladores coa marea baixa. A obra foi idealizada polo falecido Moncho Lastra e esculpida por Sergio Portela Campos, está situada entre a Illa de San Simón e a praia de Cesantes.[4]

 
Nemo en Cesantes, escultura na Ría de Vigo.

Capitán Nemo en cine, televisión e música

editar
  1. Chueca, Iván Giménez (2022-01-01). "Un tesoro de leyenda para el capitán Nemo - Jot Down Cultural Magazine" (en castelán). Consultado o 2023-08-16. 
  2. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2002-06-25). "El Aquarium Finisterrae mostrará la relación entre el Capitán Nemo y Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-08-16. 
  3. culturagalega.org (2002-07-01). "Nemo na Coruña". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-08-16. 
  4. "Estatua do Capitán Nemo na Ría de Vigo". turismoriasbaixas.com. Consultado o 2023-08-17. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 1