Capitel

elemento arquitectónico, normalmente figurado, no extremo superior dunha columna
Para a agulla ou remate da columna véxase chapitel.

O capitel (do latín caput, capitis 'cabeza' ou 'testa'), é un elemento arquitectónico que se dispón no extremo superior da columna, piar ou pilastra para transmitir a estas pezas estruturais verticais as cargas que recibe do entaboamento horizontal ou do arco que se apoia nel. Ademais desta misión estrutural cumpre outra de índole compositiva, pois actúa como peza de transición entre dúas partes construtivas tan diferentes como aquelas entre as que se interpón. Por veces tamén é chamado chapitel, se ben este termo designa máis propiamente o remate en agulla dunha torre, campanario ou igrexa).

Capitel románico da Igrexa de San Martiño de Sobrán.
Capitel de estilo islámico da Alhambra.

Aínda que hai unha gran variedade de capiteis, a forma tipo estaría formada por: un astrágalo, moldura que corre ao redor do fuste da columna na base do capitel; un tambor, que é o corpo propiamente dito do capitel, con forma reducible a un tronco de cono ou pirámide invertida; e un ábaco, taboleiro prismático que remata o capitel e que sostén directamente o arranque do arco ou o lintel.

Os primeiros capiteis coñecidos teñen a súa orixe no antigo Exipto. O seu aspecto é con preferencia papiriforme ou lotiforme, pero tamén os hai con calquera outro tema vexetal. En Persia empregáronse capiteis formados por dúas figuras contrapostas que deixaban entre elas un rebaixe no que se apoiaba a arquitrabe. Pero o desenvolvemento e masivo emprego do capitel débese á arquitectura grega e romana que fixeron del un elemento clave das súas ordes arquitectónicas clásicas. O seu deseño correspóndese coas respectivas ordes. Así, a dórica, carente de astrágalo, só ten equino e ábaco, os dous lisos e moi sinxelos; a xónica caracterízase polas volutas que configuran as súas catro esquinas; a corintia, máis esvelta que a anterior, ten todo o tambor decorado por follas de acanto; a toscana é semellante á dórica, inclúe un colariño; a composta é unha combinación de xónica e corintia, adoptando as volutas dunha e as follas de acanto da outra.

Coa chegada do Renacemento e o Neoclasicismo volveuse á utilización dos capiteis clásicos segundo os canons das ordes arquitectónicas gregas e romanas.

Capiteis exipcios

editar

No Antigo Exipto os capiteis orixinábanse como elementos arquitectónicos de transición entre as columnas e os linteis.

Capiteis románicos

editar

Outros

editar

Véxase tamén

editar
  NODES
iOS 2
multimedia 1
os 33
todo 2