Carbonato
Os carbonatos son os sales do ácido carbónico ou ésteres co grupo R-O-C(=O)-O-R'. Os sales teñen en común o anión CO32- e derívanse do hipotético ácido carbónico H2CO3. Segundo o pH (a acidez da disolución) están en equilibrio co bicarbonato e o dióxido de carbono.
Características
editarA maioría dos carbonatos, á parte dos carbonatos dos metais alcalinos, son pouco solubles en auga. Debido a esta característica son importantes en xeoquímica e forman parte de moitos minerais e rocas.
O carbonato máis abundante é o carbonato cálcico (CaCO3) que se atopa en diferentes formas como calcita, aragonita (unha modificación formada a altas temperaturas), na forma maciza como calcario, como mineral metamórfico en forma de mármore é xeralmente o cemento natural das arenitas.
Substituíndo unha parte do calcio por magnesio obtense a dolomita CaMg(CO3)2 que recibe o seu nome por unha formación rochosa nos alpes onde abunda.
Moitos carbonatos son inestábeis a altas temperaturas e perden dióxido de carbono mentres se transforman en óxidos.