Carl Theodor Dreyer

director de cinema danés (1889-1968)


Carl Theodor Dreyer, nado en Copenhaguen o 3 de febreiro de 1889 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1968, foi un director de cine dinamarqués.

Modelo:BiografíaCarl Theodor Dreyer

(1965) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 1968 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Copenhague (Dinamarca) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Dinamarca
Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, montador, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1919 Editar o valor en Wikidata - 20 de marzo de 1968 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дрейер Карл Теодор)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webcarlthdreyer.dk Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0003433 Allocine: 940 Allmovie: p88264
BNE: XX1267602 WikiTree: Dreyer-1634 Find a Grave: 7529342 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en Copenhaguen, fillo de nai solteira e logo foi dado en adopción, pasando os seus primeiros anos en orfanatos, ata ser adoptado polo tipógrafo Carl Theodor Dreyer, que lle deu o seu nome. Dreyer consideraba a súa infancia desgraciada.

A pesar de ser un estudante intelixente abandonou os estudos aos dezaseis anos, separándose da súa familia adoptiva.

De mozo traballou como xornalista, ata que entrou na industria do cinema como redactor de intertítulos en películas mudas.

Tras debutar como director con Præsidenten (1919) dirixiu películas en diversos países europeos ata a realización en Francia de La Passion de Jeanne d'Arc. Tras esta película e Vampyr, ambos os dous fracasos económicos, non volvería pórse tralas cámaras ata 1943, acadando recoñecementos coma o León de Ouro do Festival Internacional de Cine de Venecia con A palabra.

Morreu en Copenhaguen en 1968.

Filmografía

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1