Carlos Carrizosa
Carlos Carrizosa Torres, nado en Barcelona o 22 de marzo de 1964[1] é un político catalán, deputado no parlamento de Cataluña en representación do partido político Cidadáns.
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona, é membro do Colexio de Avogados de Barcelona.[1] En 1994, abriu un bufete de avogados coa que, daquela, era a súa parella.[2][3]
É membro de Ciutadans - Partit da Ciutadania no Parlamento de Cataluña,[1] dende que se uniu ao partido en 2006 desde o seu sector de avogados, onde estableceu amizades con Albert Rivera e José María Espejo-Saavedra.[2] En 2007, ingresou no comité executivo da formación, cargo que ocupou ata 2009 e que recuperou en 2011. Ese mesmo ano foi o número dous da lista por Barcelona nas eleccións municipais sen obter representación[4] e, un ano despois, foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012.
Como deputado, foi viceportavoz de C's no Parlamento de Cataluña, onde foi o representante do partido na comisión do caso Pujol e no informe parlamentario sobre a lei electoral. Desde a XIª lexislatura foi o voceiro do grupo de Cidadáns na cámara. Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 foi reelixido deputado por Ciutadans, partido que obtivo 36 escanos. Ideoloxicamente, defínese a si mesmo como un reformista de centro dereita, defensor dun liberalismo progresista.[5]
En maio de 2018, o presidente do Parlamento, Roger Torrent, suspendeu un pleno debido a que o deputado Carrizosa retirou un lazo amarelo dun asento.[6] O seu partido, ignorando as primarias de xullo de 2019 nas que foi elixida Lorena Roldán,[7] nomeouno como candidato á presidencia da Generalitat para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.[8][9]
Vida persoal
editarÉ afeccionado á paleontoloxía e coleccionista de cómics.[2][5] Está separado e é pai de tres fillos.[10][9]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Parlament de Catalunya (ed.). "Carlos Carrizosa Torres". parlament.cat (en catalán). Archived from the original on 20 de xullo de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Pareja, Pol (7 de decembro de 2017). "Carlos Carrizosa: la sombra de Inés Arrimadas". eldiario.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021.
- ↑ "Sr. Carlos Carrizosa Torres". parlament.cat (en catalán). Consultado o 17 de febreiro de 2021.
- ↑ Pagès Miravent, Vicenç (14 de febreiro de 2021). "El currículum de los candidatos a las elecciones catalanas". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 Santamaría, Antonio (11 de abril de 2018). "Carlos Carrizosa, abogado y diputado de Cs: “el 155 fue el remedio de un golpe contra la democracia”". isabadell.cat (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021.
- ↑ Pardo Torregrosa, Iñaki (25 de maio de 2018). "Roger Torrent suspende el pleno del Parlament después de que Carrizosa retire un lazo amarillo". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021.
- ↑ 324, ed. (26/07/2019). "Lorena Roldán s'imposa a les primàries de Ciutadans i serà candidata a la Generalitat". ccma.cat (en catalán) (publicado o 26 de xullo de 2019). Consultado o 17 de febreiro de 2021.
- ↑ Redacción (19/8/2020). "Ciutadans prescindeix de Roldán i situa Carrizosa com a candidat a la Generalitat". vilaweb.cat (en catalán) (publicado o 19 de agosto de 2020). Consultado o 17 de febreiro de 2021.
- ↑ 9,0 9,1 Malvesí, Lara (8 de febreiro de 2021). "Carrizosa, el hombre de confianza de Arrimadas para afrontar un sombrío 14F". lavanguardia.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 17 de febreiro de 2021.
- ↑ "Carlos Carrizosa, abogado y diputado de Cs: “el 155 fue el remedio de un golpe contra la democracia”". iSabadell (en catalán). 2018-04-11.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- FichaArquivado 20 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no Parlamento de Cataluña