Carlos Ruiz Zafón
Carlos Ruiz Zafón, nado en Barcelona o 25 de setembro de 1964 e finado nos Ánxeles o 19 de xuño de 2020, foi un escritor catalán en lingua castelá.
Traxectoria
editarDesde 1993 viviu nos Ánxeles (California), onde se dedicou uns anos a escribir guións de cine antes de dedicarse plenamente á súa carreira como novelista. A súa primeira novela para adultos, La sombra del viento, foi un grande éxito de vendas, sendo traducido a 36 linguas, vendendo máis de 8 millóns de exemplares e obtendo numerosos premios internacionais.
A súa obra caracterízase por un estilo moi elaborado con grande influencia da narrativa audiovisual, unha estética gótica e expresionista e a combinación de moitos elementos narrativos. Combina esa técnica cun gran dominio da linguaxe e da estrutura narrativa, combinando elementos dispares, desde a tradicional novela do século XIX a un emprego impactante de imaxes e texturas de gran forza sensorial.
Obra escrita publicada
editarNarrativa
editar- Tetraloxía El cementerio de los libros olvidados (2001-2016):
- La sombra del viento (2001)
- El juego del ángel (2008)
- El prisionero del cielo (2011)
- El laberinto de los espíritus (2016)
- El Príncipe de Parnaso (2018)
Literatura xuvenil
editar- Serie La trilogía de la niebla:
- O príncipe da brétema (Edebé - Rodeira, 1993)
- El palacio de la medianoche (1994, Edebé)
- Las luces de septiembre (1995, Edebé)
- Marina (1999, Planeta)
- Rosa de fuego (2012, revista Magazine e Diario de Ibiza), relato curto
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Ruiz Zafón |