Casa Amatller
A Casa Amatller é o segundo gran monumento modernista do Paseo de Gracia, en Barcelona, proxectado polo arquitecto Josep Puig i Cadafalch entre os anos 1898 e 1900. A causa da proximidade coa Casa Lleó Morera e coa Casa Batlló (de Antoni Gaudí), o lugar onde se localizan estes tres edificios modernistas tense denominado a Illa de la Discòrdia [1].
Casa Amatller | |
---|---|
A Casa Amatller (J.Puig) e a Casa Batlló (A.Gaudí) | |
Coordenadas | 41°23′29″N 2°09′54″L / 41.391449, 2.165009 |
[ editar datos en Wikidata ] |
No ano 1898, o industrial chocolateiro Antoni Amatller quixo transformar un edificio vello de 1875, que comprara para trasladarse para el. O industrial encarregou as obras a Puig i Cadafalch, que apostou por darlle a aparencia dun pazo gótico urbano, cunha fachada plana e un patio central cunha escaleira que dá acceso ao andar principal, tendo en conta que o edificio había de ser habitado por diversas familias.
Puig i Cadafalch creou a Casa Amatller cunha lectura moi persoal do gótico, mesturando influencias do gótico catalán co gótico dos palacetes urbanos dos Países Baixos e Flandres; finalmente tamén están presentes os típicos detalles de inspiración medieval. O máis sorprendente do edificio é a fachada en chanzos de reminiscencia nórdica, que lembra unha tableta clásica de chocolate.
O andar principal é un dos poucos de Barcelona que aínda conserva a riqueza ornamental e a atmosfera dourada e opulenta daquela burguesía do ensanche barcelonés.
Actualmente acolle as oficinas do Institut Amatller d'Art Hispànic.
Información práctica
editar- Enderezo: Passeig de Gràcia, 41 (Barcelona)
- Visita: só se pode visitar a planta baixa, onde hai unha oficina de turismo.
- No Museo Nacional de Arte de Cataluña (MNAC) poden verse diversos elementos do mobiliario orixinal desta casa.
Notas
editar- ↑ Illa, en catalán, equivale a un bloque de casas, rueiro ou quinteiro en galego.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa Amatller |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
editar- Sitio web oficial (en catalán)