Castelo de Dumbarton

fortaleza en Escocia

O castelo de Dumbarton (en escocés: Caisteal Dhùn Bhreatainn) é a fortaleza máis antiga de Gran Bretaña. Domina a cidade escocesa de Dumbarton, atópase nun colo volcánico de rocha basáltica coñecido como Dumbarton Rock. Ten unha altura de 73 metros.[1]

Castelo de Dumbarton
edificio categoría A e parte dun Scheduled Monument

Vista do Castelo de Dumbarton dende o río Clyde
ConcelloDumbarton
Coordenadas55°56′10″N 4°33′46″O / 55.936, -4.5628
Estilo arquitectónico
Véxase tamén
Castelos de Escocia
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Polo menos desde a Idade de Ferro, este foi o escenario dun asentamento de importancia estratéxica, cuxos residentes comerciaron con Roma. A presenza dunha poboación aquí está rexistrada nunha carta de San Patricio escribiu ao Rei Ceretic de Alt Clut, (ou Clyde Rock) a finais do século V.

Desde o século V até o século IX foi o centro do Reino independente de Strathclyde. O rei de Dumbarton sobre o ano 740 d.C. foi Riderch I de Alt Clut, que figura en lendas nórdicas. Dise que durante o seu reinado o mago Merlín quedou en Alt Clut. En 756 por primeira vez, a fortaleza foi saqueada por unha forza conxunta de pictos e northumbrios, capturando Alcluith despois dun sitio de catro meses.

 
A Rocha domina gran parte da silueta da cidade no sur de Dumbarton.

En 870, Dumbarton Rock foi o fogar de británicos que serviu como fortaleza e como capital de Alt Clut. Os viquingos asediaron Dumbarton durante catro meses, derrotando os habitantes despois de cortarlles o acceso a auga. O rei nórdico Olaf regresou a Dublín no 871, con douscentos barcos cheos de escravos e tesouros saqueados. Olaf chegou a un acordo con Constantino I, o rei dos escoceses, e Artgal de Alt Clut.

A independencia do Reino de Strathclyde chegou ó seu fin coa morte de Owen o Calvo, cando a dinastía de Kenneth macAlpin comezou a gobernar a rexión.

Na Escocia medieval, Dumbarton (Breatainn Dun, que significa a fortaleza dos britanos, foi un importante castelo real. Nela resgardouse David II de Escocia (fillo de Robert Bruce) e a súa nova esposa Xoana da Torre, despois da derrota escocesa na batalla de Halidon Hill preto de Berwick-upon-Tweed en 1333. O Conde de Bothwell, Patrick Hepburn, foi nomeado capitán do castelo de Dumbarton o 1 de abril de 1495.

 
O Castelo de Dumbarton en 1800.[2]

O castelo perdeu importancia á morte de Oliver Cromwell en 1658. Pero as ameazas que expuxeron os xacobinos e os franceses no século XVIII fixeron que se creasen novas estruturas e defensas sendo acuartelamento até a segunda guerra mundial.

  1. www.undiscoveredscotland.co.uk
  2. Stoddart, John (1800), Remarks on Local Scenery and Manners in Scotland. Pub. Wiliam Miller, Londres. Facing P. 212.
  NODES
todo 1