Catch Me If You Can
Catch Me If You Can é un filme biográfico dirixido por Steven Spielberg que se estreou no 2002. Baséase na vida de Frank Abagnale Jr., considerado un dos meirandes impostores da historia,[3] quen antes de cumprir 19 anos gañou millóns de dólares con cheques falsos, fíxose pasar por piloto da Pan American World Airways, médico en Xeorxia doutor, e fiscal en Luisiana.[4] O seu crime principal foi fraude con cheques, e chegou a ser tan hábil que o FBI acudiu a el para pedirlle axuda na captura doutros falsificadores.[5] Está protagonizado por Leonardo DiCaprio e Tom Hanks, con Christopher Walken, Martin Sheen e Nathalie Baye nos papeis secundarios.
Catch Me If You Can | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Catch Me If You Can |
Director | Steven Spielberg |
Produtor | Steven Spielberg Michel Shane Walter F. Parkes Laurie MacDonald |
Guión | Jeff Nathanson |
Baseado en | Novela de Frank Abagnale Jr. |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Tom Hanks Christopher Walken Amy Adams Martin Sheen Nathalie Baye |
Música | John Williams |
Fotografía | Janusz Kamiński |
Montaxe | Michael Kahn |
Estudio | Amblin Entertainment Splendid Pictures Kemp Company |
Distribuidora | DreamWorks |
Estrea | 2002 |
Duración | 141 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Biográfico, Comedia |
Orzamento | $52 000 000[2] |
Recadación | $352 114 312 |
Na rede | |
http://www.dreamworks.com/catchthem/jump2.html | |
O desenvolvemento do filme comezou en 1980 pero non progresou até 1997, cando os dereitos do libro autobiográfico de Abagnale foron vendidos a DreamWorks de Spielberg. David Fincher, Gore Verbinski, Lasse Hallström, Miloš Forman e Cameron Crowe foron candidatos posibles para director antes de que Spielberg decidise dirixilo. A rodaxe produciuse entre febreiro e maio de 2002. Foi un éxito da crítica e de recadación, e Abagnale tamén tivo unha reacción positiva da adaptación cinematográfica.
Sinopse
editarFrank W. Abagnale (Leonardo DiCaprio) é un xove e escorregadizo delincuente que gaña millóns de dólares cometendo fraude con cheques, e que adopta diversas identidades (médico, avogado ou copiloto de liñas aéreas). Carl Hanratty (Tom Hanks) é un axente do FBI, cuxa única misión consiste en seguirlle a pista e capturalo para levalo ante a xustiza, pero Frank sempre vai un paso por diante del.
Personaxes
editar- Leonardo DiCaprio como Frank Abagnale Jr.
- Tom Hanks como Carl Hanratty.
- Christopher Walken como Frank Abagnale, Sr.
- Nathalie Baye como Paula Abagnale.
- Amy Adams como Brenda Strong.
- Martin Sheen como Roger Strong.
- James Brolin como Jack Barnes.
- Nancy Lenehan como Carol Strong.
Brian Howe, Frank John Hughes e Chris Ellis interpretan ós axentes do FBI. Jennifer Garner fai un cameo, e Ellen Pompeo e Elizabeth Banks teñen papeis menores. O Frank Abagnale real aparece como o policía francés que detén ó personaxe.
Galardóns e nomeamentos
editar- 2002: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actor secundario (Christopher Walken), bso.
- 2002: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor - drama (Leonardo DiCaprio).
- 2002: BAFTA: Mellor actor secundario (Christopher Walken). 4 nomeamentos.
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (13 de decembro de 2002). "CATCH ME IF YOU CAN (12A)". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ Salinger, Lawrence M., Encyclopedia of white-collar and corporate crime: A – I, Volume 1, page 418, ISBN 0-7619-3004-3, 2005.
- ↑ biography.com, ed. (1996). "Frank Abagnale Biography".
- ↑ Hammerand, Jim (11 de decembro de 2012). Minneapolis Business Journal, ed. "Q&A: 'Catch Me if You Can' Conman Abagnale Tells How to Prevent Fraud". Consultado o 10 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Frank Abagnale Jr. e Stan Redding. Catch Me If You Can: The Amazing True Story of the Youngest and Most Daring Con Man in the History of Fun and Profit. (ISBN 0-06-052971-7).
Ligazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Rotten Tomatoes (en inglés)