Catedral de Berlín
A Catedral de Berlín (en alemán Berliner Dom) é a catedral da Igrexa Evanxélica de Alemaña, construída en Berlín entre 1895 e 1905. Atópase na Illa dos Museos, coa súa portada cara ó xardín Lustgarten e ó Palacio Real berlinés (Berliner Stadtschloss).
Catedral de Berlín | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Alemaña |
Tipo | Catedral |
Localización | Berlín |
Coordenadas | 52°31′09″N 13°24′04″L / 52.519166666667, 13.401111111111 |
Culto | |
Culto | Luterano |
Arquitectura | |
Construción | 1895 - 1905 |
Arquitectos | Julius Raschdorff Otto Raschdorff |
Estilo | Neoclásico Neobarroco |
Orientación | Oeste |
Páxina web | https://www.berlinerdom.de/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFoi levantada no lugar onde anteriormente estaba outra catedral barroca, construída por Johann Boumann, culminada en 1747, e posteriormente remodelada por Karl Friedrich Schinkel en estilo neoclásico. Esta catedral demoleuse no ano 1894 por orde do emperador Guillerme II e substituída pola actual, deseñada por Julius Raschdorff en estilo neobarroco.
Foi seriamente danada polos bombardeos aliados durante a segunda guerra mundial. Os traballos de reconstrución comezaron en 1975 e concluíron en 1993,[1] cun novo deseño da parte superior máis simple e de menor altura cá orixinal.
Notas
editar- ↑ "Der Prestigebau des Kaisers". Deutsche Welle (en alemán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Berlín |