Cova
Unha cova, caverna, espenuca, gruta, furna ou pala é unha abertura ou cavidade na superficie da codia terrestre.
Clasificación
editarAs covas poden clasificarse segundo varios parámetros:
- pola localización xeográfica:
- mariña, que habitualmente se chaman furnas (coma a Boca do inferno nas illas Cíes);
- terrestre, das cales a máis longa en Galicia é a chamada Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo;
- pola ontoxenia ou causas da formación:
- calcarias, procedentes da disolución e deposición por saturacióndo carbonato de calcio, creando as habituais formacións internas estalagmitas, estalactitas, columnas e gours e as externas dolinas, sifóns etc. Ás zonas onde se concentran adóitaselles chamar kársticas ou cársticas, pola rexión balcánica chamada Karst onde está unha das maiores concentracións destas formas;
- orgánicas, tamén por disolución e por precipitación pero de substancias orgánicas coma taninos, humina etc.;
- de disgregación ou erosión: marítimo-salina (na beiramar), térmica (no deserto), eólica (normalmente en barlovento) etc. Tanto a estas coma ás anteriores se lles veñen chamando nos últimos tempos pseudokarst ou pseudocarst;
- pola dirección de desenvolvemento:
Distribución
editarEn Galicia existen principalmente tres zonas con covas:
- o sueste galego, onde está por exemplo a Pala da Zorra, en Covas, Rubiá, Ourense;
- o afloramento calcario do norte de Lugo, onde está a famosa cova do Rei Cintolo, a máis longa de Galicia;
- as zonas montañosas interiores próximas ós ventos costeiros (as covas do Folón e do Maúxo, a Serra do Suído, o monte Galiñeiro, Pico Sacro etc.)
Por suposto tamén pode haber covas noutros lugares: por exemplo as furnas, na costa, creadas pola erosión da auga, do sal e do vento mariños.
Antropoloxía
editarAs covas sempre foron obxecto dun temor atávico por parte dos galegos modernos, e asociábanas normalmente a seres de lenda: as mouras e os mouros, os franceses, os trasnos etc. Unha das máis coñecidas foi literaturizada por Vicente Risco en A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Existen lendas con ou sen fundamento (por exemplo, en Pico Sacro) que falan de que dende o curuto dun monte se podía chegar ó río por medio dalgunha destas covas.
Lexicoloxía
editarA lingua galega aproveita étimos de moitas orixes para denominar ós distintos tipos de covas:
- Pala, denominación prelatina asociada con Lapa;
- Burato ou buraco, denominación indoeuropea que tamén espallou ata Oceanía (Bora Bora) [Cómpre referencia];
- Furado (relacionada coas anteriores) ou cova-cavidade, de clara orixe latina;
- Espelunca ou espenuca, denominación de orixe grega;
- Sima, un substantivo de orixe descoñecida.
Vivenda
editarOs habitantes das covas son os cavernícolas ou trogloditas, e esta é en realidade a denominación que se usa para os antigos homínidos. Porén, houbo ou mesmo segue habendo certas culturas famosas por habitar cavidades naturais ou artificiais:
- os indios Mesa de Centroamérica;
- os xitanos de Sacromonte, na provincia de Granada;
- algunhas aldeas de Capadocia, Turquía;
A causa de que se habiten é que o ambiente químico (térmico e higrométrico) das covas é moito máis estable. Isto permite a conservación de tres tipos de restos moi importantes para a arqueoloxía, a paleoantropoloxía e a antropoloxía en xeral:
- pinturas rituais (coma en Lascaux, Francia; Altamira, Cantabria; as pinturas do pobo tuareg no deserto do Sáhara) dos humanoides que as habitaban;
- restos humanos e animais soterrados ou non, normalmente óseos e fosilizados pero excepcionalmente tamén de partes brandas momificadas ou embalsamadas;
- restos das súas pertenzas, coma aveños, muíños de pedra, instrumentos ou roupas;
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cova |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Catálogo dos tipos de covas baseado na clasificación internacionalArquivado 07 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (con fotos de exemplos en Galicia), con documentación técnica.