Cayetano Gil Taboada
Cayetano Gil Taboada, nado en Barcia (Lalín) o 7 de agosto do 1688 e finado en Santiago de Compostela o 12 de maio do 1751, foi bispo da diocese de Lugo entre 1736 e 1745 e arcebispo da arquidiocese de Santiago de Compostela dende 1745 ata o seu pasamento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1688 Barcia, España |
Morte | 12 de maio de 1751 (62 anos) Santiago de Compostela, España |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
23 de agosto de 1745 – ← Manuel Isidro Orozco Manrique de Lara (en) – Bartolomé de Raxoi → | |
Bispo de Lugo | |
26 de setembro de 1735 – ← Manuel José de Santa María y Salazar (en) – Juan Bautista Ferrer y Castro (en) → Diocese: diocese de Lugo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Consagración | José del Yermo Santibáñez (en) |
Traxectoria
editarAfillado de Felipe Antonio Gil Taboada, que o apoiou na súa carreira relixiosa. Estudou Filosofía en San Xerome e Xurisprudencia en Fonseca e Valladolid. Foi reitor do Colexio Maior de Fonseca en 1713, catro anos despois de doutorarse.
En 1718 foi nomeado provisor e gobernador eclesiástico e en 1725 cóengo e inquisidor de Sevilla. Trasladado a Compostela, foi inquisidor e administrador do Real Hospital. En 1736 foi nomeado bispo de Lugo, onde rematou o edificio do bispado, que exhibe os seus escudos na fachada. En 1745 foi arcebispo de Santiago, durante o seu mandato construíuse a fachada do Obradoiro, na que está o seu escudo.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil do bispo en xenealoxía.org Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- Lalín, berce de "doutores do espírito" (I)