Cela, Cambre
parroquia civil do concello de Cambre
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cela.
San Xulián de Cela[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cambre. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 511 habitantes (241 homes e 270 mulleres). A parroquia ten 7 lugares.
Cela | |
---|---|
Pazo de Cela (s. XVII). | |
Concello | Cambre[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′25″N 8°19′54″O / 43.2903, -8.3316 |
Poboación | 511 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación
editarEstá situada á dereita do río Mero, sobre o que posúe unha ponte; linda con Pravio ao norte, con Cecebre e Bribes ao leste, con Brexo ao sur e con Cambre ao oeste.
Historia
editarPor Cela pasaba a vía romana co percorrido de Cambre a Brexo.
Na aldea atopamos o Pazo de Cela do século XVII.
Cultura
editarTopónimo
editarCela é un topónimo latino que se refire a un mosteiro ou habitación.[2][3]
Lugares e parroquias
editarLugares de Cela
editarLugares da parroquia de Cela no concello de Cambre (A Coruña) | |
---|---|
A Igrexa | O Outeiro | A Patiña | A Pena | A Ponte de Cela | O Rueiro | O Souto |
Parroquias de Cambre
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Noia: Toxosoutos.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.