Cabo Cañaveral

cabo de Florida
(Redirección desde «Centro Espacial de Cabo Cañaveral»)

O cabo Cañaveral (en inglés: Cape Canaveral) é un cabo situado na costa leste do estado de Florida ó norte da cidade homónima. É amplamente coñecido por ser, dende 1950, o principal centro das actividades espaciais dos Estados Unidos. Dende o punto de vista xeográfico é un estreito promontorio que se estende sobre o océano Atlántico.

Modelo:Xeografía físicaCabo Cañaveral
Imaxe
Tipocabo
promontorio Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Brevard, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 28°27′20″N 80°31′40″O / 28.455555555556, -80.527777777778
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A expedición liderada polo explorador e conquistador español Juan Ponce de León chegou a este cabo cando descubriron Florida en 1513.

O 24 de xullo de 1950 comezou a súa actividade como base de lanzamento para mísiles experimentando con foguetes V-2 modificados. O lugar era ideal porque os lanzamentos se realizaban en dirección leste e os mísiles podían así ser seguidos con facilidade no seu ascenso e caer no mar sen causar ningún dano.

No presente, o promontorio areoso está salpicado de ducias de ramplas de lanzamento e conta cunha tupida rede de estradas que o unen cos diversos laboratorios e centros de control. A área está controlada en parte pola NASA, o organismo espacial estadounidense que se ocupa dos programas espaciais civís, e en parte pola USAF, que organiza os militares. Na zona construíronse cerca de 40 complexos de lanzamento, dos cales seis permanecen activos. Entre eles inclúense o Centro Espacial Kennedy, usado pola NASA para lanzar os Saturno V e os transbordadores espaciais, a Base Patrick da Forza Aérea e o Espazoporto Florida.

En 1964 toda a zona é rebautizada Cabo Kennedy, en honra do presidente estadounidense John F. Kennedy asasinado o ano anterior. Con todo, dez anos despois, como consecuencia de múltiples protestas, foi novamente denominado Cabo Cañaveral e o nome de Kennedy só quedou para o centro espacial da NASA.

Complexos de lanzamento

editar

Na zona existen ou existiron os seguintes complexos de lanzamento (Launch Complex, LC):

  • LC3: usado para lanzar foguetes X-17, V-2, Polaris e Bomarc. Púxose en marcha o 3 de novembro de 1951 e a mesma zona fora usada para o primeiro lanzamento de importancia desde o Cabo, o Bumper 8, o 24 de xullo de 1950. Despois de abril de 1960 o complexo acolleu unha área de soporte médico para o proxecto Mercury, e máis tarde, entre 1983 e 1989, un programa de aeróstatos.
  • LC4: usado para foguetes Redstone, Matador e Bomarc. Comezou as súas actividades en 1952. Acolleu tamén instalacións médicas para o proxecto Mercury e un programa de aeróstatos nos anos 1980.
  • LC2: utilizado para o lanzamento de mísiles Snark ata decembro de 1960. Posto en marcha en 1953. A plataforma serviu como heliporto para o proxecto Mercury.
  • LC6: sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Desde el lanzáronse varias misións dos programas Pioneer e Explorer.
  • LC5: sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Tamén desde aquí se lanzaron misións dos programas Pioneer e Explorer e os voos suborbitais Mercury-Redstone. O 31 de xaneiro de 1964 os complexos 5 e 6 reasignáronse para ser parte do Museo do Espazo da USAF.
  • LC9: complexo de lanzamento para mísiles Navaho. Tanto este como o LC10 foron demolidos en 1959 para deixar sitio para os LC31 e LC32.
  • LC18A: sitio de lanzamento para foguetes Viking, Vanguard e Scout. Xunto co LC18B, formaron o complexo de lanzamento 18. Despois do programa Vanguard foi usado para lanzar varios Blue Scout Junior. Foi posto fóra de servizo o 1 de febreiro de 1967.
  • LC17B: complexo de lanzamento para foguetes Delta e Thor.
  • LC14A: sitio para o lanzamento de foguetes Atlas. Foi posto en marcha entre 1957 e 1958 e foi construído orixinalmente para o programa de mísiles balísticos Atlas. Despois do seu uso como complexo de mísiles foi usado para lanzar foguetes Atlas-Agena. Xunto cos complexos 11 e 12, foi desactivado en 1967.
  • LC1: usado para mísiles Snark. A plataforma serviu como heliporto para o proxecto Mercury e nos anos 1980 foi usado como zona de probas para aeróstatos.
  • LC26A: sitio de lanzamento de foguetes Redstone, Jupiter, Jupiter C e Juno II.
  • LC17A: usado para lanzar foguetes Delta.
  • LC26B: usado para lanzar foguetes Jupiter.
  • LC12: usado para lanzar foguetes Atlas. Usouse para lanzar nove misións Ranger e catro Mariner. Xunto cos complexos 11 e 14, foi desactivado en 1967.
  • LC25A: sitio de lanzamento para mísiles X-17 e Polaris. Desmantelado xunto co LC25B en setembro de 1969.
  • LC18B: usado para foguetes Scout e Delta. Foi desactivado o 1 de febreiro de 1967.
  • LC11: complexo para lanzamento de foguetes Atlas. Xunto cos complexos 12 e 14, foi desactivado en 1967.
  • LC13: complexo para lanzamento de foguetes Atlas.
  • LC10: complexo para lanzamento de mísiles Navaho, Jason e Draco. Posto en servizo o 29 de xuño de 1956 e demolido en 1959.
  • LC4A: complexo para lanzamento de mísiles Bomarc. Posto en servizo en 1952. Máis tarde o o complexo acolleu unha área de soporte médico para o proxecto Mercury e posteriormente, entre 1983 e 1989, un programa de aeróstatos.
  • LC22: sitio para lanzamento de mísiles Mace.
  • LC43: sitio para lanzamento de foguetes Viper, Loki, Hopi, Arcas e Rocketsonde.
  • LC15: complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 16, 19 e 20. Posto en servizo en 1959 e deixado de usar en marzo de 1967.
  • LC19: complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 20. Posto en servizo en 1959. Entre 1962 e 1963 o complexo modificouse para levar a cabo lanzamentos do programa Gemini. Foi posto fóra de servizo o 10 de abril de 1967 e declarado ben nacional en abril de 1984.
  • LC29A: complexo de lanzamento para mísiles Polaris. Construído en 1958 e usado entre 1959 e 1967. Foi modificado para probas do programa de mísiles balísticos submarinos Chevaline a mediados de 1970. Posto fóra de servizo en 1980.
  • LC16: complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 19 e 20. Posto en servizo en 1959. Reasignado á NASA en 1965 para probas de acendido estático do motor do módulo de servizo da nave Apollo.
  • LC32A: os complexos 31 e 32 foron construídos entre xullo de 1959 e xullo de 1960 para o programa de mísiles Minuteman, cada un con dúas ramplas de lanzamento. Lanzáronse un total de 92 mísiles desde os dous complexos entre febreiro de 1961 e decembro de 1970.
  • LC20: complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 19. Tamén se usou con mísiles e foguetes Super Chief, Loki, Prospector e Aries. Posto en servizo en 1959. Foi posto fóra de servizo en abril de 1967. Usado de novo en 1987 para o programa Starbird. Entre 1991 e 1993 fixéronse varios lanzamentos de distintos foguetes desde este complexo.
  • LC30: complexo de lanzamento para mísiles Pershing. Foi construído a principios dos anos 1960. En 1973 comezaron coas probas dos mísiles Pershing 1A.
  • LC31A: complexo de lanzamento para mísiles Pershing, Minuteman e M55E1. Foi construído entre 1959 e 1960. En 1973 usouse brevemente para probas con mísiles Pershing 1A.
  • LC32B: os complexos 31 e 32 foron construídos entre xullo de 1959 e xullo de 1960 para o programa de mísiles Minuteman, cada un con dúas ramplas de lanzamento. Os complexos "B" usáronse para facer probas desde silos de mísiles. Desde o 32B lanzáronse os primeiros Minuteman II e III. Lanzáronse un total de 92 mísiles desde os dous complexos entre febreiro de 1961 e decembro de 1970.
  • LC34: usado para lanzamentos do Saturno I e Saturno IB. Lanzáronse un Saturno I e tres Saturno IB desde este complexo entre o 27 de outubro de 1961 e o 12 de outubro de 1968.
  • LC31B: os complexos 31 e 32 foron construídos entre xullo de 1959 e xullo de 1960 para o programa de mísiles Minuteman, cada un con dúas ramplas de lanzamento. Os complexos "B" usáronse para facer probas desde silos de mísiles. Lanzáronse un total de 92 mísiles desde os dous complexos entre febreiro de 1961 e decembro de 1970.
  • LC36A: construído en 1960, foi usado para lanzamentos de foguetes Atlas.
  • LC21/1: complexo para probas con mísiles Mace. Construído en 1956 e posto en servizo en 1957. Reconstruído entre 1959 e 1960 para os mísiles Mace. Posto fóra de servizo a principios dos anos 1970.
  • LC21/2: complexo para probas con mísiles Mace. Construído ao igual que o complexo 21/1 en 1956 e posto en servizo en 1957. Reconstruído entre 1959 e 1960 para os mísiles Mace. Posto fóra de servizo igualmente a principios dos anos 1970.
  • LC37A: construído en 1962 para lanzamentos de foguetes Saturno I. Finalmente non se fixeron lanzamentos desde el.
  • LC37B: complexo para lanzamentos de foguetes Saturno I e Delta IV. Foi construído en 1962. Usado para lanzar oito Saturno I e un Saturno IB, incluíndo o primeiro voo dun módulo lunar Apolo sen tripulación. Foi reconstruído en 2001 para o lanzamento de foguetes Delta IV e renomeado SLC37.
  • LC40: complexo para lanzamentos de foguetes Titan construído a principios dos anos 1960.
  • LC36B: complexo para lanzamentos de foguetes Atlas V, en servizo desde 1964.
  • LC41: complexo para lanzamentos de foguetes Titan e Atlas V. Foi desactivado a finais de 1977 e posteriormente mellorado para lanzamento de foguetes Titan IV entre 1986 e 1988. Foi demolido en outubro de 1999.
  • LC39A: complexo para lanzamentos de foguetes Saturno V e do transbordador espacial. Os complexos 39A e 39B forman parte do Centro Espacial Kennedy, construídos na illa Merritt, na zona norte do cabo. Foron levantados inicialmente para o proxecto Apollo e máis tarde modificados para o programa do transbordador espacial. A súa construción comezou en decembro de 1963, co complexo 39A sendo finalizado en outubro de 1965. Desde o 39A lanzáronse dúas misións non tripuladas e nove tripuladas do proxecto Apolo, así como a estación espacial Skylab o 14 de maio de 1973.
  • LC25C: complexo para lanzamentos de mísiles Trident e Poseidon. Tanto os complexos 25C como 25D foron construídos en 1967 para o programa de mísiles balísticos da Armada. Foi desmantelado en 1979.
  • LC39B: complexo para lanzamentos de foguetes Saturno I, Saturno V e dos transbordadores espaciais. Os complexos 39A e 39B forman parte do Centro Espacial Kennedy e foron construídos na illa Merritt. Foron levantados inicialmente para o proxecto Apollo e máis tarde modificados para o programa do transbordador espacial.
  • LC25D: complexo para lanzamentos de mísiles Poseidon. Tanto os complexos 25C como 25D foron construídos en 1967 para o programa de mísiles balísticos da Armada. Foi desmantelado en 1979.
  • LC29B: complexo para lanzamentos de mísiles Polaris. Foi construído en 1958 para o programa de mísiles balísticos da Armada. Foi desactivado en 1980.
  • LC47: complexo para lanzamentos de foguetes Loki e Rocketsonde con obxectivos meteorolóxicos. Foi designado como parte do Espazoporto Florida para lanzamentos comerciais.
  • LC46: complexo para lanzamentos de mísiles Trident e foguetes Athena. Foi construído en 1984.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
admin 1
Idea 1
idea 1
todo 2