Ceriantarios

(Redirección desde «Ceriantharia»)
Ceriantarios
Ceriantharia

Cerianthus membranaceus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Anthozoa
Subclase: Ceriantharia
Perrier, 1893
Ordes
Véxase o texto

A dos ceriantarios (Ceriantharia) e unha subclase de cnidarios antozoos,[1] unha das tres en que se divide esta clase.[2]

Son animais exclusivamente mariños moi similares ás anemones de mar, aínda que estas pertecen á orde dos actiniarios, da subclase dos hexacoraliarios.

A suborde comprende aproximadamente 100 especies, aínda que o número de xéneros non está claro, habendo actualmente división de criterios entre os especialistas.[3]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A subclase foi descrita en 1893 polo naturalista, zoólogo e botánico francés Edmond Perrier.[1]

A subclase comprende as dúas ordes seguintes:[1]

Características

editar

Son pólipos solitarios, alongados e de corpo brando. Teñen un anel de tentáculos curtos rodeando a boca, ademais do anel ou aneis exteriores de tentáculos, tan comúns nos hexacoraliarios.

Son escavadores e utilizan os músculos da columna para penetraren no substrato. Producen unha especie de tubo flexíbel que segrega un mucus que recobre a columna. En dito mucus adhírense partículas de area, dándolles rixidez para mantérense verticais, cos seus tentáculos orientados cara ás correntes da auga na espera das súas presas.

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Daly, M. et. al, (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182.
  • Molodtsova, T. & Stampar, S. N. (2020): World list of Ceriantharia . En: Species 2000 & ITIS Catalogue of Life.

Outros artigos

editar
  NODES
iOS 13
multimedia 1
os 40
text 1
todo 1