Subidor do norte

(Redirección desde «Certhia familiaris»)

O subidor do norte[2] (Certhia familiaris) é un paxaro de pequeno tamaño da familia dos subidores (Certhiidae).

Subidor do norte

Subespecie C. f. macrodactyla ou C. f. familiaris


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Certhiidae
Xénero: Certhia
Especie: C. familiaris
Nome binomial
'Certhia familiaris'
Linnaeus, 1758
Verde – residente todo o ano Azul – inverno Maxenta – subespecie
Verde – residente todo o ano
Azul – inverno
Maxenta – subespecie

Verde – residente todo o ano
Azul – inverno
Maxenta – subespecie

Descrición

editar

Os subidores do norte están entre as aves máis pequenas de Europa e son moi semellantes os subidores comúns. Dos que é moi difícil diferencialos a.simple vista . Miden entre 12 e 13 cm., e pesan .uns 9 gramos. O seu bico, aguzado e curvado cara a abaixo, mide de 12 a 14 mm. A cola é relativamente longa, medindo ata 5 cm. A plumaxe é branca na parte inferior do corpo; na superior e da cor da casca das árbores. Teñen unha marca superciliar branca . Femias e machos son semellantes de aspecto. Os subidores do norte poden vivir ata sete anos.

As subespecies hodgsoni, mandellii e khamensis, da beira sur do Himalaia, foron clasificadas recentemente dentro dunha especie separada , o gabeador de Hodgson (C. hodgsoni) (Tietze et al., 2006).

Distribución e hábitat

editar

Viven en boa parte da Europa temperada e en partes de Asia. En xeral máis ó norte có subidor común, co que, por´rn, coinciden nunha ampla zona da Europa occidental. É a única especie de subidor presente nas illas Británicas e en máis de Escandinavia.

Viven en zonas boscosas, con preferencia polos bosques de coníferas ou os mixtos Nas zonas onde ámbolos dous coinciden, o subidor común adoita preferir as coníferas.

Alimentación

editar

Buscan insectos e outros artrópodos que atrapan co bico (especialmente xeitoso para este tipo de tarefa) entre a casca das árbores agatuñando en espirais polos troncos.

Reprodución

editar

Maduran sexualmente ó ano de idade. A época reprodutora va ide marzo a xullo. Fan un niño de coteliños, musgo, pelos de mamífero e plumas, agochado entre cascas soltas das árbores. Poñen entre 5 e oito ovos, que chocan nas femias unhas dúas semanas. Os polos tardan 14 ou 15 días en deixa-lo niño, pero son coidados polos pais aínda durante un tempo.

Galería de imaxes

editar
  1. BirdLife International (2012). "Certhia familiaris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 

Véxase tamén

editar

Biografía

editar
  • Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen & Sun, Yue-Hua (2006): Molecular phylogeny of treecreepers (Certhia) detects hidden diversity. Ibis 148 (3): 477-488

Ligazóns externas

editar

O subidor do norte na "Lista vermella de especias amenazadas"" da

  NODES
Intern 3
mac 3
multimedia 1
os 33
todo 3